Diario de Rodaxe

Coloquios moderados por María Mera cos equipos das finalistas na categoría de Mellor Longametraxe no XIX Premios Mestre Mateo, que serán emitidos en streaming do 25 e o 28 de marzo ás 19:00 horas na nosa canle de YouTube. Logo da emisión seguirán dispoñibles para a súa visualización. O público asistente ás proxeccións da II Semana do Cinema Galego, no Teatro Colón da Coruña, poderá asistir a estes coloquios en directo, xa que terán lugar antes da proxección das películas. Esta actividade está organizada en colaboración co Concello da Coruña, Deputación da Coruña e Teatro Colón.Xoves 25 de marzo 19:00 horas. A illa das mentiras (Paula Cons, 2020) 12 candidaturas finalistas nos XIX Mestre Mateo Interveñen: Nerea Barros e Victoria Teijeiro, actrices.Venres 26 de marzo 19:00 horas. Ons (Alfonso Zarauza, 2020) 13 candidaturas finalistas nos XIX Mestre Mateo Interveñen: Alfonso Zarauza, director; Melania Cruz, actriz; Xavi Font, produtor.Sábado 27 de

Encontros 2008

No ano 2008 celebrouse a segunda edición dos encontros para conversar sobre aqueles aspectos que preocupan e afectan aos profesionais do sector audiovisual galego. A novidade veu dada polo feito de que o debate entre os académicos se realizou a través da páxina web da Academia www.academiagalegadoaudiovisual.gal, a través da apertura de catro foros relacionados con catro temas. Deste xeito acercouse a posibilidade de participar a todos os académicos, e fomentouse o uso das novas ferramentas de comunicación. Como se dicía, os encontros virtuais xiraron entorno a catro temas. O punto de partida en cada un deles foi un “relatorio virtual” ou texto elaborado por unha persoa á que a Academia encargou tal encomenda. Os foros abríronse gradualmente na web da Academia e cada un deles tivo un mes de duración, pasado o cal quedou pechado. Os temas sobre os que se falou foron: 1º foro: O clube dos 13. 2º foro: Literatura e cinema: Serezade ante o meigo. Suso de

Encontros 2007

A Academia Galega do Audiovisual analizou a fondo a situación actual do audiovisual galego nunhas xornadas que se celebraron en xuño de 2007, e á que asistiron os socios e socias desta entidade. Baixo o título de “O estado das cousas”, a Academia pretendeu repasar e analizar dende as distintas ópticas que respostan ós tamén distintos sectores culturais e profesionais implicados no sector audiovisual, a situación que atravesa o sector. Para elo, o tratamento que os Medios de Comunicación galegos fan co sector, ata o papel do mundo da cultura, a posición das institucións e a visión que os/as propi@s profesionais teñen do conxunto global do audiovisual, conforman o amplo abano temático no que se afondou, debullou e debateu nestas xornadas. O resultado destes encontros publicouse no Anuario