Encontros 2007

A Academia Galega do Audiovisual analizou a fondo a situación actual do audiovisual galego nunhas xornadas que se celebraron en xuño de 2007, e á que asistiron os socios e socias desta entidade. Baixo o título de “O estado das cousas”, a Academia pretendeu repasar e analizar dende as distintas ópticas que respostan ós tamén distintos sectores culturais e profesionais implicados no sector audiovisual, a situación que atravesa o sector. Para elo, o tratamento que os Medios de Comunicación galegos fan co sector, ata o papel do mundo da cultura, a posición das institucións e a visión que os/as propi@s profesionais teñen do conxunto global do audiovisual, conforman o amplo abano temático no que se afondou, debullou e debateu nestas xornadas.

O resultado destes encontros publicouse no Anuario 06-07.

Categoría: 2007 / Encontros Virtuais