
III Premios María Luz Morales
Nos estatutos da Academia Galega do Audiovisual recóllese a necesidade de promover e difundir a investigación científica en materia audiovisual. Por iso puxemos en marcha os Premios María Luz Morales de ensaios e videoensaio sobre o audiovisual, co patrocinio da Deputación da Coruña, a Deputación de Lugo, a Deputación de Ourense e a Deputación de Pontevedra, con arreglo ás seguintes bases. O obxectivo dos Premios Maria Luz Morales é o fomento da investigación no eido audiovisual desde unha perspectiva tanto galega como universal. Co nome de Maria Luz Morales, quérese recoñecer o labor desta galega pioneira na crítica cinematográfica española e figura destacada na defensa do galeguismo e dos dereitos da muller. Premiaranse obras de investigación en formato de texto (ensaios escritos) e en formato audiovisual (videoensaios). Con estes premios quere fomentarse a creatividade e a independencia investigadora. A realización dos traballos non está suxeita a ningún

GIFATON. Novos formatos de difusión do patrimonio audiovisual galego
DATA E LUGAR: Sábado 24 de novembro de 10h a 20h Centro Ágora. Lugar da Gramela, 17. A Coruña. PRAZAS: Hai 12 prazas dispoñibles. A admisión realizarase por orde de chegada das inscricións. PRAZO: O prazo de recepción de inscricións estará aberto dende o 5 de novembro ata o 22 de novembro de 2018. PREZOS: Público xeral: 5€ Socias e socios da Academia Galega do Audiovisual: GratuítoA comunicación en internet está cada vez máis encamiñada ao formato visual e, na actualidade, os GIFS animados constitúen, en si mesmos, un novo formato de comunicación. A popularización do uso de smartphones, sitios de descarga e plataformas como GIPHY, teñen contribuido de xeito determinante á súa popularización, especialmente entre a xente nova, grazas ao seu fácil uso e o enorme catálogo de GIFs gratuítos que existen na actualidade. Millóns de GIFs son compartidos todos os días. O patrimonio audiovisual pertence a todas e todos e contén información

XVI Premios Mestre Mateo
A XVI edición dos Premios Mestre Mateo celebrouse en 2018, recoñecendo o traballo dos profesionais do sector e das obras nas que participaron, nunha Gala celebrada o sábado 3 de marzo no Pazo da Ópera de A Coruña. Ademais de premiar a excelencia nas producións do ano, a Academia aproveitaba, un ano máis, os Mestre Mateo para recoñecer a traxectoria de entidades e profesionais relevantes do audiovisual en Galicia co Premio de Honra Fernando Rey e o Premio Especial José Sellier. Este ano as homenaxes foron para a actriz María Bouzas e para os vigueses Multicines Norte, tamén presentes en Santiago cos Multicines Compostela. Presentación de candidaturas O proceso comezou coa apertura do prazo de presentación de candidaturas de profesionais e produción na web da Academia Galega do Audiovisual. A apertura de inscricións era, un ano máis, o primeiro paso dun proceso de selección que contou con dúas roldas de votacións, a primeira para escoller as obras

Contidos en 360/VR para narrativas de ficción e documental
DATA E LUGAR: Venres 9 de Novembro de 16:00h a 22:00h. Sábado 10 de Novembro de 10:00h a 20:00h. Centro Cívico Cidade Vella. Rúa de Veeduría 2, 15001. A Coruña. PRAZAS: O número de prazas dispoñibles é de 12. A admisión de solicitudes realizarase por orde de chegada das inscricións. PRAZO: O prazo de recepción de inscricións estará aberto dende o 1 de outubro ata o 6 de novembro de 2018. PREZOS: Público xeral: 150€ Socias e socios de AGAG e CREA: 75€ Socias e socios da Academia Galega do Audiovisual: GratuitoUn novo xeito de narrar precisa de novos profesionais. Estamos vivindo o nacemento dunha forma de expresión audiovisual, na que os procesos de desenvolvemento, produción, distribución e exhibición aínda están nunha fase experimental. Son as propias creadoras e creadores de contidos os que, coas súas obras, van explorando este camiño e definindo as súas múltiples posibilidades: campañas publicitarias, branded content, educación,

III Semana das Músicas do Audiovisual
A SEMUA é un festival singular organizado pola Academia Galega do Audiovisual co apoio do Concello da Coruña, da Orquesta Sinfonica de Galicia e da Banda Municipal de Música da Coruña que, baixo a batuta do compositor Nani García, dá protagonismo ás músicas para cine, televisión e outros medios audiovisuais, difundindo as mellores composicións en cada xénero e ampliando a formación de profesionais e persoas interesadas en eidos como composición, produción e interpretación dun tipo de música que todo o mundo escoita, pero que non sempre consegue a atención directa do ouvinte. A semana adicará este ano unha especial atención á figura de José Nieto, un referente como compositor que conta con máis de cen partituras para cine e tv e que traballou cos máis prestixiosos cineastas españois, como Manuel Gutiérrez Aragón, Vicente Aranda, Imanol Uribe ou Javier Villaverde, entre outros. A Orquesta Sinfónica de Galicia, dirixida por Andrés Valero-Castells, ofrecerá

Lugares comúns para a educación e o audiovisual
Lugares comúns para a educación e o audiovisual nace como un espazo para favorecer o diálogo entre o audiovisual e outras disciplinas, que facilite a posta en marcha de iniciativas transformadoras. Atravesamos unha etapa de cambios no modelo educativo. As novas tecnoloxías forman xa parte activa dos procesos de ensino-aprendizaxe en numerosos centros. Neste escenario, o papel do sector audiovisual dista de ser o desexado, xa que se atopa inmerso nun panorama con múltiples posibilidades metodolóxicas, no que, non obstante, resulta complicado detectar os retos que estas plantexan na educación. Moitas empresas do sector albergan a tecnoloxía e os coñecementos para ofrecer solucións aos retos que se plantexan neste contexto, pero descoñecen as necesidades reais de contidos. Establecer lugares comúns nos que valorar o papel que xogan os distintos axentes (produtoras, docentes, profesionais do sector audiovisual) é complexo a priori; por iso as xornadas parten do

Oficina de Cooperación Audiovisual (ACO)
A Oficina de Cooperación Audiovisual (ACO) é unha rede profesional que ten como principal obxectivo potenciar o sector audiovisual galego, promovendo a cooperación con creadores, produtoras e institucións. Trátase de acompañar os proxectos ao longo de todo o proceso creativo, para o que se conta con diversas áreas de acción que cobren o desenvolvemento, o financiamento ou o deseño de estratexias de difusión. Xa está dispoñible a plataforma de asesoría audiovisual, unha ferramenta virtual que ofrece un repositorio de recursos para levar a cabo proxectos audiovisuais, consultoría fiscal, laboral e xurídica para socias e socios da AGA e asesoría profesional (dispoñible de balde, para calquera empresa ou persoa) para proxectos en fase de desenvolvemento e/ou difusión. Todas as persoas que traballan no sector poden crear un perfil nesta web, a partir do que poderán facer uso de todos estes servizos. O equipo de asesoras e asesores, todos eles socios da AGA, está

I Encontro entre docentes de audiovisual en Galicia
O venres 27 de abril A Coruña acolleu un encontro -patrocinado polo Concello da Coruña- entre docentes de primaria, secundaria e bacharelato implicados no ensino e promoción da cultura audiovisual en Galicia. Asistiron 39 docentes de 28 centros: 10 de bacharelato de artes, 9 de bacharelato con optativas relacionadas co audiovisual e outros 9 centros con tradición audiovisual. Entre todas e todos eles decidiron crear varios grupos de traballo que ao longo dos próximos meses explorarán eidos como a formación de docentes, a elaboración de material didáctico para alumnado e a definición de demandas comúns para a Administración. No horizonte, un segundo encontro a finais deste ano, no que poder establecer en común, coa participación de tódolos axentes implicados, unha folla de ruta para a planificación e desenvolvemento de estratexias, metodoloxías e ferramentas que apoien a labor actual dos docentes e potencien a ensinanza da cultura audiovisual na nosa