Contidos en 360/VR para narrativas de ficción e documental

DATA E LUGAR:
Venres 9 de Novembro de 16:00h a 22:00h.
Sábado 10 de Novembro de 10:00h a 20:00h.
Centro Cívico Cidade Vella.
Rúa de Veeduría 2, 15001. A Coruña.

PRAZAS:
O número de prazas dispoñibles é de 12.
A admisión de solicitudes realizarase por orde de chegada das inscricións.

PRAZO:
O prazo de recepción de inscricións estará aberto dende o 1 de outubro ata o 6 de novembro de 2018.

PREZOS:
Público xeral: 150€
Socias e socios de AGAG e CREA: 75€
Socias e socios da Academia Galega do Audiovisual: Gratuito[/vc_column_text][/vc_column][vc_column width=”1/2″][vc_column_text]Un novo xeito de narrar precisa de novos profesionais. Estamos vivindo o nacemento dunha forma de expresión audiovisual, na que os procesos de desenvolvemento, produción, distribución e exhibición aínda están nunha fase experimental. Son as propias creadoras e creadores de contidos os que, coas súas obras, van explorando este camiño e definindo as súas múltiples posibilidades: campañas publicitarias, branded content, educación, turismo, videoxogos, etc.

O crecemento de festivais adicados exclusivamente aos contidos 360 e de Realidade Virtual (VR) e as recentes incorporacións de seccións específicas nos eventos máis importantes do mundo (Annecy, Berlinale, Cannes, CPH:DOX, IDFA, MIPTV, Sundance, Toronto International Film Festival e Tribeca FF) son o reflexo dunha situación actual que se traduce no aumento de creadores, no incremento da calidade das obras e no crecente interese suscitado tanto na industria como no público. A tendencia que se confirma nestes eventos é que o foco na actualidade do 360/VR, e nun futuro próximo, está no documental e a narración ficcionada.

O obradoiro de Creación e deseño de contidos en 360/VR para narrativas de ficción e documental ofrecerá a posibilidade aos asistentes de introducirse dun xeito teórico e práctico no mundo da imaxe real en 360º e da imaxe VR de xeito interactivo. Coñeceremos as técnicas e as claves do deseño de contidos para un novo entorno que nada ten que ver coa narrativa audiovisual tradicional, na que é o espectador, e non quen dirixe, o que move a cámara.

“Creación e deseño de contidos en 360/VR para narrativas de ficción e documental” tamén ofrecerá un achegamento ás principais ferramentas e ás tendencias narrativas actuais. Dirixido principalmente a profesionais do sector audiovisual e desenvolvedores de contidos, os asistentes deseñarán e realizarán un proxecto en conxunto aplicando os coñecementos adquiridos durante o obradoiro. Tamén participarán nunha sesión de visionado dunha selección de obras destacadas de realidade virtual.

Todo o material técnico e software necesario para o desenvolvemento do obradoiro, así como os dispositivos de reprodución 360/VR para a sesión de visionado, serán proporcionados pola organización.

ORGANIZA: Academia Galega do Audiovisual
Co apoio de Concello de A Coruña
E a colaboración de AGAG e CREA

Venres 9 de Novembro

De 16h a 22h

1. Introdución á cultura da imaxe inmersiva.

2. Visionado das obras máis representativas que participaron recentemente en diferentes festivais internacionais de VR.

3. Storytelling e Laboratorio de técnica avanzado

Sábado 10 de Novembro

De 10h a 20h

1. Son binaural, con audición de obras destacadas.

2. Storytelling e Laboratorio de tecnica avanzado.

3. Obradoiro Realidade Virtual

TOÑO CABANELAS

Bermudas Land (EFTI, IED, SAE)

Enxeñeiro audiovisual, experto en artes dixitais, computación 3D e especialista no deseño de experiencias interactivas. Cunha traxectoria profesional de máis de 15 anos no mundo da realidade virtual e aumentada, dirixiu e colaborou en proxectos para compañías como Apple, Samsung, Fundación Telefónica e Inditex, entre outras.

Fundador e director de Bermudas Land, un laboratorio de innovación para realidade mixta e intelixencia artificial distinguido en 2017 co premio Samsung Innovation Project. A solicitude de inscrición realizarase enviando un correo electrónico ao enderezo producion@academiagalegadoaudiovisual.gal indicando:
– Nome e apelidos.
– Teléfono de contacto.
– Motivo polo que se desexa asistir ao obradoiro.
– Indicar se a persoa interesada está asociada a AGA, AGAG ou CREA. Unha vez confirmada a reserva de praza por parte da organización, o solicitante terá un prazo de 2 días para efectuar o pagamento da matrícula mediante ingreso bancario no número de conta: ES21 1491 0001 2430 0010 3850 indicando como concepto: “(Nome, Apelidos) Obradoiro 360/VR”. O xustificante bancario de pagamento da matrícula deberá ser enviado ao mail inidicado anteriormente.

Categoría: 2018 / Formación