natalia_molina

Coloquio con Natalia de Molina

A Academia Galega do Audiovisual asinou no 2012 un acordo de colaboración coa Academia de las Artes y las Ciencias Cinematográficas de España, coa finalidade dun achegamento audiovisual e cultural entre ambas entidades, tal e como xa se estableceu en 2010 coa Académia del Cinema Català. Froito da colaboración entre a Academia de las Artes y las Ciencias Cinematográficas de España e a Academia Galega do Audiovisual, o 12 de decembro de 2014 recibimos en Galicia á premiada co Goya á Mellor Actriz Revelación do mesmo ano, Natalia de Molina, para un coloquio cos asistentes ás 18.30h ao Auditorio do Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa. Trala proxección do filme “Vivir es fácil con los ojos cerrados”, escrita e dirixida por David Trueba, comezou o coloquio coa actriz desta brillante película, seleccionada para representar a España nos Óscar á mellor longa de fala non inglesa. A charla estivo moderada pola xornalista e vogal da Xunta Directiva da

Anuario 2013-2014

Anuario 2013-2014

Calquera diría que non foi moito o tempo que pasou, sen embargo este será xa o cuarto anuario da presente directiva. O cuarto e, polo tanto, último para a maioría dos que formamos esta xunta. Hai catro anos sabiamos perfectamente que, desde logo, non ía ser este o mellor momento para poñerse á fronte da Academia Galega do Audiovisual. Máis alá de intentar manternos e procurar sobrevivir nun sector no que cremos e para o que, humildemente pensamos, os profesionais da nosa terra están sobradamente preparados, tratábase de conseguir da mellor maneira posible non dar un paso atrás. Se o demos ou non, serán o tempo e as distintas análises que no seu día se fagan, quen o xulgue; pero se calquera día, somos conscientes de que todo o que o audiovisual galego conseguiu en uns poucos anos se perdeu en alguns menos, alguén deberá facer constar onde sexa e ante quen sexa, que os culpables teranse que buscar moi lonxe do lugar que os profesionais do audiovisual galego ocupan, ou

CartelFAA

Foro Academia Aberta 2014

A Academia Galega do Audiovisual programou para este 2014 unha nova edición, a decimo segunda xa, do seu Foro Academia Aberta. Por cuarto ano consecutivo esta actividade estivo dedicada á formación dos profesionais e estudantes do audiovisual galego, nesta ocasión centrada no Deseño de Vestiario en cine e televisión. Aínda que nun primeiro momento só se contaba coa participación de Yvonne Blake, decidimos convidar a Helena Sanchís para ter así as experiencias no departamento de vestiario de ambos medios audiovisuais –cine e televisión-, a través destas dúas figurinistas de primeiro nivel, así como para completar a habitual oferta de oito horas. Durante dúas xornadas gozamos escoitando e aprendendo a través dos seus traballos e da súa experiencia da man de Sanchís e Blake. Os días 13 e 14 de outubro, a Sala Picasso do Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa acolleu as masterclasses programadas e aos 103 asistentes. A presenza de ambas e os seus

EncontrosVigo_02

Encontros Mestre Mateo 2014

Nas semanas previas á gala dos Premios Mestre Mateo leváronse a cabo os Encontros Mestre Mateo, onde os finalistas en distintas categorías de producións e profesionais desta XII edición visitaron as escolas de audiovisual de Galicia para un coloquio cos futuros profesionais do sector. Podemos dicir que dende hai catro anos os Encontros veñen sendo das actividades máis exitosas e demandadas polas escolas ao ofrecer aos estudantes a posibilidade de coñecer de primeira mán a realidade da profesión a través da conversa cos nominados. Os encontros constan de dúas partes. Una primeira consiste no visionado das obras dos profesionais que asistirán á mesa, e a segunda e máis importante, o coloquio dos citados finalistas nas correspondentes escolas, onde os estudantes, futuros traballadores da industria audiovisual, absorben a experiencia dos xa profesionais e resolven tódalas súas dúbidas sobre o sector. Este ano os Encontros tiveron lugar dende o 19 ao 31 de marzo e

corunafilm

CoruñaFilm

COLABORACIÓN DA ACADEMIA CO CORUÑAFILM Dende a Academia colaboramos co Concello de A Coruña e Notodo.com por segundo ano consecutivo no CoruñaFilm, un encontro cinematográfico entre profesionais da industria, novos creadores, estudantes e afeccionados ao cine CoruñaFilm que tivo lugar no Centro Ágora da cidade herculina o 30 e 31 de outubro e o 1 de novembro de 2014. Máis de 110 horas de programación serviron para apoiar a creación audiovisual e formar tanto a profesionais como a novos creadores, pero sobre todo para achegar o cine a tódolos públicos. Entre as actividades gratuítas desta edición atopábanse obradoiros formativos, a rodaxe express dunha curta, tutorización de proxectos, unha exposición, encontros entre os profesionais da industria, e a proxección de curtametraxes. Unha ventá ao cine en curto: Premios Mestre Mateo e Premis Gaudí A Academia Galega do Audiovisual programou dentro das proxeccións das maratóns de curtas as finalistas e

aca1

Colaboración coa Acadèmia del Cinèma Català

No 2014 o CGAI (Centro Galego de Artes da Imaxe), foi novamente a sala elixida para proxectar aos gañadores na VI edición dos Premis Gaudí que se celebraron o pasado mes de febreiro en Barcelona, froito da colaboración entre a Academia del Cinèma Català e a Academia Galega do Audiovisual. Conseguiuse, unha vez máis, un achegamento cultural e audiovisual a través das obras dos respectivos premios. Proxección das longametraxes gañadoras nos VI Premis Gaudí O CGAI de A Coruña acolleu un ano máis, como xa se indicou, a exhibición das producións en formato longo galardoadas nesta edición do 11 ao 13 de marzo. O martes, día 11 de marzo ás 20.00h proxectouse "Carta a Eva", de Agustí Villaronga, gañadora do Premio Gaudí á Mellor Película para Televisión. O mércores día 12 houbo unha sesión doble, ás 18.00h con "Mon Petit", de Marcel Barrena, gañadora ao Mellor Documental; e ás 20.30h da man de "La Plaga", de Neus Ballús, gañadora á Mellor

Premio de Honra "Fernando Rey" a Manolo González

XII Premios Mestre Mateo

Un ano máis celebramos e recoñecemos o traballo de tódolos membros do noso sector que forman parte da nosa industria cos XII Premios Mestre Mateo. A gala tivo lugar o 12 de abril de 2014, nesta ocasión no Auditorio Gaviota de Palexco, en A Coruña, coa presentación de Roberto Vilar que codirixiu xunto a Giselle Llanio e co guión do propio Vilar e Manolo Cortés. Nesta duodécima edición dos premios a gala foi un encontro co público que se atopa nas súas casas e que ve e consume os produtos que produce a industria. Isto logrouse coa interacción dunha familia anónima que durante todo o evento interactuou co presentador, opinou e mesmo entregou unha das 26 estatuíñas que se repartiron. Un dos momentos máis destacados foi a presenza de Susana Dans, Mabel Rivera, Alfonso Agra, Ricardo de Barreiro, Rosa Álvarez, Guillermo Carbajo, Blanca Cendán, Ernesto Chao, Xavier Estévez e Lucía Regueiro para homenaxear ao actor e expresidente da Academia, Xosé Manuel Olveira

9ondas

Proxeccións no CGAI dos gañadores dos Mestre Mateo

Proxeccións no CGAI dos gañadores dos Mestre Mateo A Academia Galega do Audiovisual, grazas á colaboración con Centro Galego de Artes da Imaxe – CGAI, proxectou as obras da XII edición dos Premios Mestre Mateo do 13 ao 16 de maio. Nesta ocasión contouse coa presentación e posterior visionado das longametraxes finalistas e a gañadora, e as dúas curtametraxes que se fixeron co galardón nas súas respectivas categorías. A programación para esta semana previa á festividade das Letras Galegas comezou o martes, día 13 de maio ás 20.30h coa curta de imaxe real galardoada nesta edición, “3-1=0”, de Olga Osorio e Juan Galiñanes en coprodución con Píxel Films, coa presenza dos dous primeiros para a presentación; e coa longametraxe finalista “El árbol magnético”, de Dos35 Producciones e Parox. Para o día 14 de maio ás 20.30h programáronse curta “Aqua”, de Algarabía Animación, gañadora do premio á Mellor Curtametraxe de Animación e a longa