VII Premios Mestre Mateo

Pontevedra foi onte a anfitrioa da gran festa anual do audiovisual galego. O seu Pazo da Cultura acolleu a VII edición dos Premios Mestre Mateo, un acto no que como é habitual reuníronse autoridades institucionais, representantes da vida social e económica de Galicia e, principalmente, asociacións e profesionais do sector.

O acto arrincou con forza grazas ao grupo de música Lamatumbá e ao colectivo de artistas Pista Catro, as dúas formacións que deron ritmo á toda a velada. Os actores de Pista Catro prenderon a mecha da Gala cunha actuación na que simularon chegar tarde e, abríndose paso entre o público, acadaron o escenario á vez que se daban os últimos toques de peiteado e vestimenta.Morris e Manuel Manquiña, os mestres de cerimonias da Gala do ano pasado, pasaron o testemuño ao seu sucesor para esta ocasión, o cantante Sergio Zearreta, que foi dando entrada e saída aos distintos momentos da Gala.

A Gala dos VII Premios Mestre Mateo foi dirixida por Jorge Coira baixo o guión de Carlos Portela.

Enlaces relacionados

Documentos: