
VII Premios Mestre Mateo
Pontevedra foi onte a anfitrioa da gran festa anual do audiovisual galego. O seu Pazo da Cultura acolleu a VII edición dos Premios Mestre Mateo, un acto no que como é habitual reuníronse autoridades institucionais, representantes da vida social e económica de Galicia e, principalmente, asociacións e profesionais do sector. O acto arrincou con forza grazas ao grupo de música Lamatumbá e ao colectivo de artistas Pista Catro, as dúas formacións que deron ritmo á toda a velada. Os actores de Pista Catro prenderon a mecha da Gala cunha actuación na que simularon chegar tarde e, abríndose paso entre o público, acadaron o escenario á vez que se daban os últimos toques de peiteado e vestimenta.Morris e Manuel Manquiña, os mestres de cerimonias da Gala do ano pasado, pasaron o testemuño ao seu sucesor para esta ocasión, o cantante Sergio Zearreta, que foi dando entrada e saída aos distintos momentos da Gala. A Gala dos VII Premios Mestre Mateo foi dirixida por Jorge

Encontros 2008
No ano 2008 celebrouse a segunda edición dos encontros para conversar sobre aqueles aspectos que preocupan e afectan aos profesionais do sector audiovisual galego. A novidade veu dada polo feito de que o debate entre os académicos se realizou a través da páxina web da Academia www.academiagalegadoaudiovisual.gal, a través da apertura de catro foros relacionados con catro temas. Deste xeito acercouse a posibilidade de participar a todos os académicos, e fomentouse o uso das novas ferramentas de comunicación. Como se dicía, os encontros virtuais xiraron entorno a catro temas. O punto de partida en cada un deles foi un “relatorio virtual” ou texto elaborado por unha persoa á que a Academia encargou tal encomenda. Os foros abríronse gradualmente na web da Academia e cada un deles tivo un mes de duración, pasado o cal quedou pechado. Os temas sobre os que se falou foron: 1º foro: O clube dos 13. 2º foro: Literatura e cinema: Serezade ante o meigo. Suso de

Anuario 2007-2008
Con este segundo número, Papeis da Academia da un novo paso na súa vocación de ser plataforma e testemuño dos traballos, circunstancias e opinións do colectivo que formamos a Academia Galega do Audiovisual. Como sabes, a publicación que tes nas mans está á enteira disposición dos académicos para que nela poidamos contar e pensar en voz alta. Cremos que é sempre positivo airear os distintos xeitos de pensar, favorecer os debates, coñecer os puntos de vista dos que , cun criterio ou outros, estamos a construír cada día o audiovisual galego. Poucos cometidos igual de relevantes pode ter unha academia. Neste número vas a atopar rexistro das conversas promovidas dende a Academia no formato clásico, ao redor da TDT, e na contorna virtual da nosa páxina web, onde o Estado das Cousas serviu para reflexionar acerca da crise de modelo audiovisual clásico, das relacións co literatura, da lingua e máis do xeito en que presentar os nosos Premios. Aos que participaron nos

Foro Academia Aberta 2008
O Foro Academia Aberta 08 abordou a relación entre o galego e a industria audiovisual baixo o título “A lingua fendida. O audiovisual e o galego”. O encontro tivo lugar no Auditorio Municipal de Ourense os días 14 e 15 de outubro, no marco da décimo terceira edición do Festival de Cine Internacional da mesma cidade. O FAA 08 estivo coordinado por Carlos Ares, guionista e membro da directiva da Academia, Antonio Mourelos, actor e actor de dobraxe e membro da Academia e Raúl Veiga, director de cine e tamén membro da Academia. A primeira xornada dedicouse a coñecer os casos de realidades semellantes ao que acontece en Galicia, tanto a nivel estatal (Euskadi e Catalunya) como internacional (Québec e Gales), da man de expertos nos respectivos territorios. O segundo día estivo máis centrado no caso galego: recoñecidos profesionais debateron sobre a relación do noso idioma co audiovisual desde as perspectivas sociocultural, artística e económica, así como as

VI Premios Mestre Mateo
Celebrouse o 15 de abril de 2008 no Teatro Jofre de Ferrol. Por segunda vez, os presentadores foron Morris e Manquiña. Documentos Gañadores PMM 07 (PDF) Participantes PMM 07 (PDF) Finalistas PMM 07