
XIX Premios Mestre Mateo
A XIX edición dos Premios Mestre Mateo celebrouse en 2021, un ano marcado polas restriccións impostas pola crise sanitaria. O 26 de xaneiro a Academia emitía un comunicado anunciando que se adiaban a lectura de finalistas, prevista para o 1 de febreiro e a gala de entrega de premios, prevista para o 27. Ámbolos dous eventos foron celebrados con restricións de aforo e a tradicional xuntanza de finalistas e a festa posterior á gala tiveron que ser canceladas. 1. Presentación de candidaturas O prazo de presentación de candidaturas estivo aberto do 5 ata o o 23 de outubro para obras galegas estreadas no ano 2020 e os profesionais que traballaron nos departamentos técnicos e creativos. O día 22 de novembro, na web da Academia estiveron dispoñibles para a súa consulta todas as obras e profesionais inscritos. Desde o 23 ata o 27 de novembro ás 14.00 horas, as socias e socios da Academia revisaron a listaxe para indicar se faltaban candidaturas de obras e/ou de

XVIII Premios Mestre Mateo
A XVIII edición dos Premios Mestre Mateo celebrouse en 2020, recoñecendo o mellor da colleita do audiovisual galego. Ademais de premiar a excelencia nas producións do ano, a Academia aproveitaba, un ano máis, os Mestre Mateo para recoñecer a traxectoria de entidades e profesionais relevantes do audiovisual en Galicia co Premio de Honra Fernando Rey e o Premio Especial José Sellier. Este ano as homenaxes foron para José María Rodríguez Armada, Chema, proxeccionista do CGAI e o Festival Infantil Olloboi. 1. Presentación de candidaturas A apertura do prazo de presentación de candidaturas de profesionais e producións marcaba o inicio dun proceso de selección que contou con dúas roldas de votación: a primeira para escoller as obras finalistas e a segunda para decidir as gañadoras en cada una das vintecinco categorías. O prazo estivo aberto do 3 ata o 25 de outubro para obras galegas estreadas no ano 2019 e os profesionais que traballaron nos seus distintos

XVII Premios Mestre Mateo
En 2019 tivo lugar a XVII edición dos Premios Mestre Mateo, unha convocatoria para celebrar o talento audiovisual galego, premiando a profesionais e obras do sector nunha Gala celebrada o sábado 2 de marzo no Pazo da Ópera de A Coruña. Un ano máis, a Academia recoñecía tamén a traxectoria de entidades e profesionais otorgando o Premio de Honra Fernando Rey e o Premio Especial José Sellier: nesta ocasión, as homenaxes recaeron na actriz Mela Casal e para a Federación de Cineclubes de Galicia, FECIGA. 1. Presentación de candidaturas A apertura do prazo de presentación de candidaturas de profesionais e producións marcaba o inicio dun proceso de selección que contou con dúas roldas de votación: a primeira para escoller as obras finalistas e a segunda para decidir as gañadoras en cada una das vintecinco categorías. O prazo estivo aberto do 29 de outubro ao 19 de novembro para obras galegas estreadas no ano 2018 e os profesionais que traballaron nos seus

XVI Premios Mestre Mateo
A XVI edición dos Premios Mestre Mateo celebrouse en 2018, recoñecendo o traballo dos profesionais do sector e das obras nas que participaron, nunha Gala celebrada o sábado 3 de marzo no Pazo da Ópera de A Coruña. Ademais de premiar a excelencia nas producións do ano, a Academia aproveitaba, un ano máis, os Mestre Mateo para recoñecer a traxectoria de entidades e profesionais relevantes do audiovisual en Galicia co Premio de Honra Fernando Rey e o Premio Especial José Sellier. Este ano as homenaxes foron para a actriz María Bouzas e para os vigueses Multicines Norte, tamén presentes en Santiago cos Multicines Compostela. Presentación de candidaturas O proceso comezou coa apertura do prazo de presentación de candidaturas de profesionais e produción na web da Academia Galega do Audiovisual. A apertura de inscricións era, un ano máis, o primeiro paso dun proceso de selección que contou con dúas roldas de votacións, a primeira para escoller as obras

XV Premios Mestre Mateo
En 2017 celebrouse a XV edición dos Premios do Audiovisual Galego “Mestre Mateo”. Novamente celebramos e recoñecemos o traballo de tódolos membros do noso sector e das obras nas que participaron. O proceso de selección No mes de novembro de 2016 a Academia Galega do Audiovisual inaugurou unha nova edición dos Premios do Audiovisual Galego “Mestre Mateo” abrindo o prazo de recepción de candidaturas, que duraría todo o mes. Coma nas pasadas edicións, enviouse un listado coas obras presentadas no prazo aos socios e socias para que, se observaban a falta dalgunha produción nola comunicasen ou nolo comunicasen para poñernos en contacto coa produtora. Tras o prazo de recepción de obras para participar nos Premios, a Academia procedeu a constituír novamente a comisión encargada de revisar e avaliar os proxectos e profesionais presentados en cada categoría co fin de verificar se cumprían cos requisitos especificados nas bases dos premios. Así, estivo

XIV Premios Mestre Mateo
En 2016 celebrouse a XIV edición dos Premios do Audiovisual Galego “Mestre Mateo”, cuxo cumio foi a gala celebrada o 23 de abril no Pazo da Ópera de A Coruña. Celebramos novamente e recoñecemos o traballo de tódolos membros do noso sector e das obras nas que participaron. Coma tódalas edicións, o proceso comezou coa apertura do prazo de presentación de profesionais e producións estreadas entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2015. En novembro e durante os primeiros días de decembro tódalas produtoras e persoas físicas con dereitos sobre as obras inscribiron por primeira vez en rede as súas obras e profesionais das mesmas nas categorías. Ao igual que en 2015 enviouse un listado coas obras presentadas no prazo de recepción de candidaturas aos socios e socias para que, se observaban a falta dalgunha produción a inscribisen ou nola comunicasen para poñernos en contacto coa produtora. Unha vez recibidas tódalas producións, a Academia constituíu a comisión

XIII Premios Mestre Mateo
En 2015 celebrouse a XIII edición dos Premios do Audiovisual Galego “Mestre Mateo”, cuxo cumio foi a gala celebrada o 11 de abril no Auditorio Gaviota de Palexco en A Coruña. Novamente celebramos e recoñecemos o traballo de tódolos membros do noso sector e das obras nas que participaron. Coma tódolos anos, o proceso comezou coa apertura do prazo de presentación de profesionais e producións estreadas entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2014. En novembro e durante os primeiros días de decembro tódalas produtoras e persoas físicas con dereitos sobre as obras achegaron a documentación necesaria para incluír as súas obras e aos traballadores das mesmas nas categorías que se ofertaron nesta XIII edición dos premios. Coma novidade, enviouse un listado coas obras presentadas no prazo de recepción de candidaturas aos socios e socias para que, se observaban a falta dalgunha produción a inscribisen ou nola comunicasen para poñernos en contacto coa

XII Premios Mestre Mateo
Un ano máis celebramos e recoñecemos o traballo de tódolos membros do noso sector que forman parte da nosa industria cos XII Premios Mestre Mateo. A gala tivo lugar o 12 de abril de 2014, nesta ocasión no Auditorio Gaviota de Palexco, en A Coruña, coa presentación de Roberto Vilar que codirixiu xunto a Giselle Llanio e co guión do propio Vilar e Manolo Cortés. Nesta duodécima edición dos premios a gala foi un encontro co público que se atopa nas súas casas e que ve e consume os produtos que produce a industria. Isto logrouse coa interacción dunha familia anónima que durante todo o evento interactuou co presentador, opinou e mesmo entregou unha das 26 estatuíñas que se repartiron. Un dos momentos máis destacados foi a presenza de Susana Dans, Mabel Rivera, Alfonso Agra, Ricardo de Barreiro, Rosa Álvarez, Guillermo Carbajo, Blanca Cendán, Ernesto Chao, Xavier Estévez e Lucía Regueiro para homenaxear ao actor e expresidente da Academia, Xosé Manuel Olveira

XI Premios Mestre Mateo
Este 2013 trouxo unha vez máis moitas satisfaccións e un éxito de convocatoria na undécima edición Premios do Audiovisual Galego “Mestre Mateo”. Un ano máis celebramos e recoñecemos o traballo de tódolos membros do noso sector. Actores, produtores, guionistas, directores, técnicos... que forman parte desta industria. O 6 de abril de 2013 tivo lugar a XI edición dos Premios Mestre Mateo no Palacio da Ópera de A Coruña. A gala, dirixida por Dani de la Torre e guionizada polo propio de la Torre xunto con Araceli Gonda, case conducida polo actor Ricardo de Barreiro e presentada pola coñecida actriz Cristina Castaño non defraudou. Desde a acción, o suspense e especialmente a comedia, teceron unha gala que deparou sorpresas de principio a fin. Repartíronse un total de 25 estatuíñas, ademais do Premio de Honra “Fernando Rey” que este ano foi o Xabarín Club. Así, o espectáculo estivo amenizado coa representación do musical “Os Miserables” interpretado

X Premios Mestre Mateo
Tras meses de preparativos e ensaios, o 28 de abril do 2012 tivo lugar a X edición dos Premios Mestre Mateo no Auditorio Gaviota do Palexco, en A Coruña. Coma é habitual, un centenar de caras coñecidas, actores, actrices, productores, demais profesionais do sector, institucións e empresas déronse cita nun día tan especial para o audiovisual. A gala, dirixida por Ángel de la Cruz e conducida pola coñecida actriz María Castro, estivo repleto de humor e números musicais que fixo un repaso polas crises máis importantes dos últimos séculos, dende a producida por mor da Revolución Industrial no século XIX ata a presente, sempre cunha ollada de humor e optimismo: a moralexa é que calquera crise pasada foi sempre peor e, como di o noso refraneiro, nunca choveu que non escampara! Repartíronse un total de 28 estatuíñas, ademais do Premio de Honra “Fernando Rey” que este ano foi para Dolores Ben, Presidenta de AGAPI e propietaria das empresas Sodinor e