O PROGRAMA COMPLETO DO OUFF XA SE PODE VER NA PÁXINA WEB DO FESTIVAL

30 / 09 / 2010

Xa se pode consultar o programa completo do 15 Festival de Cine de Ourense na páxina web www.ouff.org. Dende aquí pódense descargar en pdf as diferentes actividades: o programa por día/hora/sala, as Películas da A-Z, os Masterclasses, as Actividades Paralelas e o Catálogo Completo 2010.

A compra de entradas para o Festival pódese facer en cada un dos lugares onde se realizan as actividades:

          Auditorio Municipal, Cinebox e Teatro Principal, antes do inicio de cada sesión. 4 € (no Auditorio e no Teatro Principal, ao presentar o DNI, os menores de 25 anos e os maiores de 65 só pagan 2 € / no Teatro Principal a entrada será de balde presentando o Bono do Festival).
> Centro Cultural Deputación –  Entrada de balde.

Tamén se poden comprar Bonos de 10 entradas por 33 euros:

           Oficina do Festival (Praza do Auditorio)

          Stands do centro comercial Ponte Vella e do Parque de San Lázaro

          Oficina de Turismo (Rúa Isabel a Católica, 1),


Más información en el teléfono 988 224 127 o a través del correo info@ouff.org

Categoría: Novas
Etiquetas: