A Academia Galega do Audiovisual analiza a fondo a situación actual do audiovisual galego nunhas Xornadas que se celebran os días 13, 14, 20 e 21 de xuño, sempre en mércores e xoves, e á que asistirán os socios e socias desta entidade. O MÉRCORES 13 DE XUÑO COMEZAN AS XORNADAS O ESTADO DAS COUSAS, DA ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL

A Academia Galega do Audiovisual analiza a fondo a situación actual do audiovisual galego nunhas Xornadas que se celebran os días 13, 14, 20 e 21 de xuño, sempre en mércores e xoves, e á que asistirán os socios e socias desta entidade. Baixo o título de O ESTADO DAS COUSAS, a A.G.A. pretende repasar e analizar dende as distintas ópticas que respostan ós tamén distintos sectores culturais e profesionais implicados no sector audiovisual, a situación que atravesa o sector. Para elo, o tratamento que os Medios de Comunicación galegos fan co sector, ata o papel do mundo da cultura, a posición das institucións e a visión que os/as propi@s profesionais teñen do conxunto global do audiovisual, conforman o amplo abano temático no que se afondará, debullará e debatirá nestas Xornadas que se celebran nos devanditos días, de 19:00 a 21:00 hs., no Club Internacional de Prensa en Santiago, na Avda. da Coruña nº 6.

Así, @s membros da Academia Galega do Audiovisual participarán e asistirán ás Mesas-Debate que integran o seguinte Programa:

13 DE XUÑO

19.00 – 21.00 H. Mesa redonda: MEDIOS DE COMUNICACIÓN

Camilo Franco, Xornalista La Voz de Galicia
Santiago Jaureguízar, Xornalista El Progreso
Alfonso Pato, Onda Curta (TVG)
Antón Rodríguez López, Xornalista El Correo Gallego
María Yáñez, Xornalista e colaboradora TVG
Xaime Fandiño. Moderador

14 DE XUÑO

19.00 – 21.00 H. Mesa redonda: CULTURA

Antón Baamonde, Filósofo e escritor
Manuel Bragado, Edicións Xerais
Quico Cadaval, Director teatral
Marcial Gondar, Catedrático de Antropoloxía Social (USC)
Antía Otero, AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega)
Nani García. Moderador

20 DE XUÑO

19.00 – 21.00 H. Mesa redonda: INSTITUCIÓNS.

José Antonio Delgado Arce, Director Xeral IGAPE
Manuel Fernández Iglesias, Director Xeral de Comunicación Audiovisual, da Secretaría Xeral de Comunicación
Manuela Fraguela, Subdirectora Xeral de Promoción Industrial e Comercio Exterior da Consellería de Innovación e Industria
Eduardo Galán, Director de programas TVG
Manuel González, Asesor de audiovisuais Consellería de Cultura e Deportes
Paco Lodeiro. Moderador

21 DE XUÑO

19.00 – 21.00 H. Mesa redonda: PROFESIONAIS

Jorge Algora, Vicepresidente AEGA (Asociación de Empresas Galegas do Audiovisual)
Dolores Ben, Presidenta AGAPI (Asociación Galega de Produtores Independentes)
Héctor Carré, Presidente CREA (Asociación de Directores e Realizadores galegos)
Beatriz Legerén, Presidenta EGANET (Empresas Galegas Adicadas a Internet)
María Liaño, Presidenta ATEGA (Asociación dos Técnicos de Galicia do Audiovisual)
Vicente Montoto, Presidente AAAG (Asociación de Actores e Actrices de Galicia)
Pancho Casal, Vicepresidente Clúster Audiovisual Galego
Xosé H. Rivadulla Corcón, Presidente AGAG (Asociación Galega de Guionistas)
Carlos Ares. Moderador