A Axencia Audiovisual Galega en colaboración co Espazo Xuvenil Galiza/Portugal está a secundar a iniciativa da asociación cultural Audiência Zero na que se está a programar, do 11 ao 14 de xuño, distintas sesións de curtametraxes realizadas por creadores individuais en distintas sedes de Fnac do Norte de Portugal. Curtametraxes galegas nas Fnac do Norte de Portugal

A Axencia Audiovisual Galega en colaboración co Espazo Xuvenil Galiza/Portugal está a secundar a iniciativa da asociación cultural Audiência Zero na que se está a programar, do 11 ao 14 de xuño, distintas sesións de curtametraxes realizadas por creadores individuais en distintas sedes de Fnac do Norte de Portugal.
A Audiência Zero, a través do seu Projecto Eixo Norte/Galiza, está a levar a Portugal as mellores curtametraxes de produción galega de 2006, unha selección feita pola Axencia Audiovisual Galega. Nesta escolma atópanse tanto ficcións, animacións como filmes experimentais que exemplifican o excelente momento das novas promesas do cinema galego.
As curtas seleccionadas son: Carne de cañón de Darío Fernández, Cousas do Kuslechov de Susana Rei, Meniña de Daniel D. García, A flor máis grande do mundo de Juan Etcheverry, Premio de Eva Quintas, Sen chumbo de Jorge Saavedra, Meiga Chuchona de Pablo Millán, Rosa dos ventos de Jairo Iglesias e Longo sendeiro de pedra de Pablo Millán.
A Audiência Zero pretende levar estas curtametraxes a varias cidades, iniciando o seu percorrido pelas tendas Fnac de Matosinhos, Gaia, Porto e Coimbra no mes de xuño.
O calendario das proxección son as seguintes:
-Fnac NorteShopping de Matosinhos, os días 12-13, ás 22:00.
-Fnac GaiaShopping, os días 11 e 12, ás 18:00.
-Fnac Santa Catarina, os días 11 e 14, ás 18:00.
-Fnac Coimbra, os días 11 e 12, ás 21.30.