O FORO ACADEMIA ABERTA 2010 ABORDARÁ O TEMA DO FINANCIAMENTO NA SÚA SESIÓN INAUGURAL

16 / 11 / 2010

O Foro Academia Aberta, que nesta edición cumpre oito anos, comezará cunha sesión adicada ao financiamento do audiovisual. O evento, organizado pola Academia Galegao do Audivosual, terá lugar hoxe martes a partir das 17.30 horas na Fundación Caixa Galicia en Santiago e contará con destacados profesionais do sector como Luis Miñarro, productor de cine independente; Rubén Zarauza, produtor; e Toni Carrizosa, director de produción.

O académico Manolo González será o coordinador desta nova edición do Foro que leva por título  “Creatividade na crise. Adaptarse ou desaparecer”. O evento afondará no problema da crise económica estructural e en como potenciar as dificultades para convertelas en oportunidades de éxito apoiándose, sobre todo, na creatividade e na innovación.
 

Programa
En tempos de crise é posible acadar financiamento para a produción
de obras audiovisuais exitosas empregando vías alternativas ás clásicas? Está crebada a tradicional e necesaria relación da produción independente coas televisións?. Parece complicado, e sen embargo hai empresas e profesionais que están sendo capaces de construír proxectos viábeis en termos de financiamento.

Expoñen:
– Luís Miñarro. Produtor de cine independente.
Inicia a súa relación co cine a través da crítica cinematográfica e a organización de cineclubs durante o tardo franquismo. En 1989 crea en Barcelona a súa propia empresa, Eddie Saeta S. A., que se adica inicialmente á produción de spots publicitarios e máis tarde, á produción de longametraxes cinematográficas. Cunha estrutura de cinco persoas, en quince anos produciu vinte e tres filmes que representaron a España nos máis prestixiosos festivais internacionais. Entre outros, traballou con Manoel de Oliveira, Jose Luís Guerin, Marc Recha, Albert Serra, Lisandro Alonso, José María de Orbe… A súa aposta avoga claramente polo cine de autor e os novos realizadores.

– Ruben Zarauza. Produtor.
Comezou a súa andaina profesional na Fundación Cultural MEDIA, coordinando e realizando labores de loxística de diversos cursos de formación para produtores europeos (MEGA, Film Business School, Marketing & Distribution…). Nos seguintes anos traballou en Dygra Films encargándose do financiamento e das vendas internacionais de “O bosque animado” e “O sono dunha noite de San Xoán”, de Ángel de la Cruz.Despois de encargarse da produción executiva de “A noite que deixou de chover” de Alfonso Zarauza, pasou a traballar en Zinkia Entertainment tamén como produtor executivo e desenvolvemento de longametraxes e series de animación coma “Pocoyo, the movie” ou “The fishbone saga”. Actualmente é produtor executivo de Vozka Capital, empresa especializada en produción 360º.

– Toni Carrizosa. Director de produción.
Produtor executivo de Escándalo Films, produtora asociada á ESCAC e que intenta favorecer e posibilita-la incorporación de xoves creadores á industria do audiovisual. Actualmente empeza a postprodución da película “EVA” dirixida por Kike Maíllo e producida por Escándalo Films e Ran Entertaiment (Francia). Tamén traballou coma director de produción de filmes como “Yo” de Rafa Cortés, ”Wendy placa 20957” de Mireia Ros ou “Tres días con la familia” de Mar Coll, galardoada entre outros premios co Goya 2010 á Mellor Dirección Novel.

Modera: Manolo González. Coordinador de contidos do
Foro Academia Aberta 2010.

Categoría: Novas
Etiquetas: