O CINECLUBE COMPOSTELA ADICA UN CICLO A FEDERICO GARCÍA HURTADO

2 / 02 / 2011

O Cineclube Compostela vai programar tódolos mércoles de febreiro, un ciclo adicado ao peruano Federico García Hurtado, cineasta e militante de esquerdas peruano. Abrirase hoxe, día 2, co seu filme máis emblemático, Tupac Amaru (1984).

A ese título seguiranlle Laulico (1980), o 9 de febreiro; La leyenda de Melgar, el poeta insurgente (1981), o 16; e El caso Huayanay (1980), o 23. As sesións comenzarán ás 21:30 horas nol Centro Social A Gentalha do Pichel (Santa Clara, 21). A entrada é gratuita, aínda que hai un bono-axuda de 1 euro. O ciclo presentarano Sayri García e Alberte Pagán.

 

Categoría: Novas
Etiquetas: