OUFF + CINECLUBE PADRE FEIJÓO 2011: MES DO CINE BRITÁNICO EN V.O.S.

31 / 01 / 2011

Co cambio de mes, cambian tamén de ciclo: a programación de febreiro é unha escolla de catro películas con denominación de orixe Reino Unido: Somers Town, de Shane Meadows, este mércores; seguida doutros títulos como In The Loop, London River e Tamara Drewe os vindeiros mércores de mes no Cinebox e en dobre pase: ás 20:30 e ás 23:00h. O  Cineclube Padre Feijóo e Festival de Cine de Ourense celebran o éxito de asistenza ás proxeccións de Cine Social no mes de xaneiro, nas que o cartaz de aforo completo foi unha constante, e só queda lamentar non dispor de máis espazo para os espectadores.

Categoría: Novas
Etiquetas: