NOVAS DO SECTOR: ANTÓN REIXA RECIBE O PREMIO DE HONRA PEDIGREE´07 DO FESTIVAL DE CANS POLA SÚA TRAXECTORIA

25 / 05 / 2007

O presidente do Clúster Audiovisual Galego (CLAG), Antón Reixa, recibirá hoxe o premio de honra Pedigree 07 que outorga o Festival de Cans de O Porriño, en recoñecemento da súa traxectoria profesional no eido audiovisual como un dos creadores máis activos e polifacéticos da cultura galega dos últimos trinta anos.
ANTÓN REIXA RECIBE O PREMIO DE HONRA PEDIGREE´07 DO FESTIVAL DE CANS POLA SÚA TRAXECTORIA

O presidente do Clúster Audiovisual Galego (CLAG), Antón Reixa, recibirá hoxe o premio de honra Pedigree 07 que outorga o Festival de Cans de O Porriño, en recoñecemento da súa traxectoria profesional no eido audiovisual como un dos creadores máis activos e polifacéticos da cultura galega dos últimos trinta anos.

O certame, que se está a celebrar estes días, 24, 25 e 26 de maio, na localidade porriñense de Cans, entregará a Reixa esta noite ás 22:45 horas este galardón, o célebre Can de Pedra creado polo canteiro Paco Candán, que en edicións pasadas foi outorgado a Luis Tosar, Celso Bugallo e Mabel Rivera.

A organización do Festival eloxia deste xeito a longa traxectoria cultural do presidente do CLAG, cuxa profesión é moi diversa. Antón Reixa, escritor, músico, poeta, artista multimedia, director de cine e televisión, produtor, actor, guionista, presentador de radio e televisión…, púxose ao frente do CLAG no ano 2005, convencido de que a estrutura empresarial do CLAG é unha forma óptima e eficaz de integrar toda a cadea de valor do sector audiovisual e facendo seu o obxectivo deste entramado de empresas galegas de converter a Galicia nun referente da industria audiovisual nacional e internacional.

Hoxe en día o CLAG confórmano 47 empresas audiovisuais, que representan as empresas máis innovadoras do sector : 27 empresas adicanse á produción de cine e televisión – neste grupo, ademáis da TVG, inclúense 5 que tamén producen animación-; outras 3 empresas asociadas desenvolven a súa actividade no son e a dobraxe, 9 adícanse ao servizo, software e multimedia, 4 á formación, outras 4 ao auxiliares e servizos(entre elas hai unha empresa adicada á oferta de servicio de vendas e comercialización internacional de produtos audiovisuais, unha fundación adicada ás tecnoloxías da información e as comunicacións e por último, a delegación en Galicia da Entidade de Xestión de Dereitos de Produtores Audiovisuais).

Do periodo que leva Reixa como presidente do CLAG destacan, entre outras iniciativas, a construción e lanzamento da Marca Audiovisual Galega prevista para finais deste ano, a incorporación do Clúster ás plataformas tecnolóxicas E-Nem e INES, e a creación dunha oficina de TV Interactiva en Galicia.

Categoría: Novas
Etiquetas: