MR MISTO FILMS INAUGURA UN ESPAZO DE FORMACIÓN AUDIOVISUAL

24 / 02 / 2011

A produtora e distribuidora galega Mr Misto Films inaugurará o venres 4 de marzo en de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), SPAF Mr Misto, un espazo de formación audiovisual no que, dende ese mesmo mes, impartiranse cursos relacionados co cine, a televisión, a radio e os segredos do mundo audiovisual. Ademais, os venres e os sábados proxectarase cine en curto e organizaranse actividades para os máis pequenos.

SPAF Mr Misto pretende converterse nun punto de encontro entre profesionais e xente con ganas de aprender nun entorno diferente. A metodoloxía incidirá en formarse divertíndose, e dunha maneira moi práctica. O novo espazo abrirase cun curso de iniciación á curtametraxe en inglés, cuxo obxectivo é facer unha película empregando ese idioma en só 30 horas; e cun seminario de estética e historia do cine de 12 horas, para os que termina o prazo de inscrición o 1 e o 15 de marzo, respectivamente. Máis información, na páxina web http://spaf.mrmisto.com, ou no e-mail cursos@mrmisto.com.

 

 

Categoría: Novas
Etiquetas: