MR MISTO FILMS INAUGURA UN ESPAZO DE FORMACIÓN AUDIOVISUAL
SPAF Mr Misto pretende converterse nun punto de encontro entre profesionais e xente con ganas de aprender nun entorno diferente. A metodoloxía incidirá en formarse divertíndose, e dunha maneira moi práctica. O novo espazo abrirase cun curso de iniciación á curtametraxe en inglés, cuxo obxectivo é facer unha película empregando ese idioma en só 30 horas; e cun seminario de estética e historia do cine de 12 horas, para os que termina o prazo de inscrición o 1 e o 15 de marzo, respectivamente. Máis información, na páxina web http://spaf.mrmisto.com, ou no e-mail cursos@mrmisto.com.