Durante o mes de marzo a actividade da produtora IB Cinema vai ter unha gran difusión nalgúns dos máis importantes Festivais cinematográficos. -“¿De Qué se Ríen las Hienas?” emitirase en abril por Canal Plus e será a protagonista da Gala de Inauguración da 24 edición que se celebrará no Auditorio de Medina del Campo.

O día 18 de marzo IB Cinema inaugura coa súa curaometraxe “¿De Qué se  Ríen las Hienas?” a 24 Edición do Festival de Cortometrajes de Medina del Campo, un dos principais festivais do xénero curto en España. “¿De qué Ríen las Hienas?” é o proxecto Corto de Canal Plus, patrocinado tamén pola Diputación de Valladolid, e o seu guión foi premiado na pasada edición. Conta na dirección co actor Xavier Veiga, e entre o seu elenco interpretes moi coñecidos como Toni Acosta, Carlos Hipolito ou Millán Salcedo.

– O director Adan Aliaga segue colleitando éxitos coas produccións de IB Cinema

O 31 de marzo será o día que a produción documental “Esquivar y Pegar” será proxectada na Sección Oficial del Festival de Cine Español de Málaga. “Esquivar y Pegar” dirixido por Adán Aliaga e Juanjo Gimenez, foi estreada na pasada edición do Festival Internacional de San Sebastián, e agora participa nun dos principais festivais de España. Eses mesmos días do 24 de marzo ao 3 de abril celebrase na localidade francesa de Nantes o máis importante Festival de Cine Español celebrado no país veciño. En Nantes a producción de IB Cinema “Estigmas” competirá na 21 edición destes Encontros con outras 8 películas españolas estreadas o ano pasado. “Estigmas” foi dirixida por Adán Aliaga e xa acumula unha larga lista de premios e participacións en Festivais de todo o mundo que comenzou no ano 2009 co Premio Pilar Miró da Seminci de Valladolid.

– E despois da Tercera Nominación aos Goya en Animación, IB Cinema segue enchendo as súas vitrinas de premios nesta categoría  

Toda esta actividade durante o mes de marzo complétase coas numerosas participacións e premios en festivais (coma o máis recente á mellor curta de animación no 33 Festival Internacional de San Roque) da curtametraxe de animación “stop motion” nominada aos Premios Goya “Vicenta”.

-“Mercado de Futuros” comenza o seu camiño internacional

Pero a guinda sen dúbida será a estrea mundial da longametraxe documental “Mercado de Futuros” producido por IB Cinema coa participación de Televisión Española e dirixido pola directora Mercedes Alvárez. O Festival Internacional de Documentales de Nyon (Visions du Reel) será o marco para a estrea o día 9 de abril de longametraxe documental que foi producida nos últimos 3 anos pola productora IB Cinema coa colaboración da Universitat Pompeu Fabra de Barcelona. O Festival que se celebra na localidade suíza de Nyon, próxima a Xenebra, é unha das principais citas do cine documental en Europa, cun mercado internacional no que participan 300 compradores de todo o mundo. “Mercado de Futuros” segunda incursión no cine documental da premiada directora Mercedes Alvarez, é un traballo centrado nas orixes da actual crise económica, analizando de maneira reflexiva as claves non soamente económicas senón culturais e sociais da gran crise actual.

Dúas curtametraxes, 2 longametraxes documentais e unha longametraxe de ficción son as producións de IB Cinema que seguirán viaxando os próximos meses por todo o mundo, e que seguirán reforzando a IB Cinema coma un referente no mundo do documental, a animación e a curtametraxe en España.