CELÉBRASE EN SANTIAGO O II FESTIVAL DE CINE FEITO POR MULLERES

24 / 02 / 2011

O Festival de Cine Internacional de Ourense xunto co Cineclube Padre Feijóo proxectarán a longametraxe “Tamara Drewe”, de Stephen Frears. Os interesados poden acudir ás proxeccións da mesma que terán lugar o mércores 16 no Cinebox en dobre sesión, ás 20.30 e ás 23.00 horas.

O II Festival de Cine Feito por Mulleres arrancou o pasado martes, cunha presentación e o pase do documental Apash, os de fóra, de Cora Peña. O mércores día 23, a las 19:00 horas, houbo unha mesa debate de organizadoras de festivais, coa presenza de Ruth Torjussen (directora do festival Film Directing 4 Women), Mariel Maciá (responsable de industria e mercado do LesGaiCineMad) e Iria Estévez (da organización de Mufest). A xornada pechou, ás 21:00 horas, co pase de Salir del armario a los 60, de Ana Isabel Muñoz. O xoves 24, a xornada comezará con outra mesa de debate, neste caso con directoras como Diana Gonçalves, Ana Isabel Muñoz, Giulia Vallicelli, Margherita Morello e Sabela Pernas. A continuación, a partir das 21:00 horas, exhibiranse sendas obras de dúas das realizadoras: El camino hacia Gibara, de Pernas, e Ladyfilmine, de Vallicelli. Ademais, o Mufest 2011 inclúe unha sección competitiva de traballos dirixidos por femias.

Os 12 finalistas (As damas negras, de Sonia Méndez, Gato encerrado, de Peque Varela, Gústame o café, de Marisa Otero, Exlibris, de María Trenor, Private Life, de Abbe Robinson, Lejos del mar, de Josefina Mata, Diversidad, de Beatriz Carretero, Las sabias de la tribu, de Mabel Lozano, El castigo, de Isabel Ayguavives, Guerriller@s, de Montse Pujantell, Camas calientes, de Lluc Güell e Paula Morelló, e A memoria da lingua, de Raquel Rey e Andrea Núñez) exhibiranse o venres 25 e o sábado 26 de febreiro a partir das 19:00 horas. Ise último día terá lugar a entrega de premios. Un xurado concederá un primeiro de 1.000 euros; un segundo, consistente nun curso na Escuela de Cine para Mujeres de Brighton, en el Reino Unido (sen cubrir  desprazamento e aloxamento); un terceiro, consistente nunha invitación ao Festival de Cine de Ourense (nas mesmas condicións); e un premio á mellor obra audiovisual en galego. Coma colofón, exhibirase Mulheres da Raia, de Diana Gonçalves.

 

Categoría: Novas
Etiquetas: