OUFF + CINECLUBE PADRE FEIJOO PRESENTAN “TAMARA DREWE”

22 / 02 / 2011

O Festival de Cine Internacional de Ourense xunto co Cineclube Padre Feijóo proxectarán a longametraxe “Tamara Drewe”, de Stephen Frears. Os interesados poden acudir ás proxeccións da mesma que terán lugar o mércores 16 no Cinebox en dobre sesión, ás 20.30 e ás 23.00 horas.

FICHA TÉCNICA

Tamara Drewe. Reino Unido, 2010. Cor, 109 min. Xénero: Drama, comedia | Dirección: Stephen Frears | Guión: Moira Buffini (baseado na novela gráfica de Posy Simmonds) | Produción: Alison Owen, Paul Trijbits e Tracey Seaward (Ruby Films / BBC Films / WestEnd Films) | Fotografía: Ben Davis | Montaxe: Mick Audsley | Música: Alexandre Desplat | Intérpretes: Gemma Arterton  (Tamara Drewe), Roger Allam (Nicholas Hardiment), Bull Camp (Glen McCreavy), Dominic Cooper (Ben Sergeant), Luke Evans (Andy Cobb), Tamsin Greig (Beth Hardiment), Jessica Barden (Jody Long), Charlotte Christie (Casey Shaw). | Distribuidora: Alta Classics | Versión orixinal con subtítulos en castelán.

SINOPSE
Despois de moitos anos, Tamara Drewe regresa á sua vila de Dorset para vender a casa familiar, e a súa volta provoca unha conmoción. Cando marchou a Londres, Tamara era unha adolescente pouco agraciada, pero volve convertida nunha fermosísima muller fatal que desata unha tormenta de envexa, desexo e chismes na comunidade rural. Tamara é unha moza moderna, pero a súa historia de amor e confusión é eterna.

Categoría: Novas
Etiquetas: