MOI BOA ACOLIDA DA PRIMEIRA MOSTRA AMAL DENTRO DO FESTIVAL DOS ABRAZOS

12 / 08 / 2011

A xornada do pasado mércores foi a primeira das tres que terán lugar no seo do Festival dos Abrazos. Completouse o aforo na proxección de “O sal deste mar”, de Annemarie Jacir, longametraxe protagonista da primeira Mostra Amal celebrada no Festival dos Abrazos.

 

Con Soraya coma protagonista, “O sal deste mar” reflicte a historia dunha moza neoiorkina que toma a decisión de desprazarse a Palestina para conseguir o seu obxectivo. Soraya instálase en Ramala, cidade da que se exilia a súa familia no ano 1948, para recuperar o diñeiro que os seus aboos tiñan nun banco de Jaffa. Alí non é ben recibida pola entidade, de tal maneira que no banco néganse a darlle o diñeiro, propiedade dos seus aboos. Namentres, Soraya coñece a un mozo palestino cuio obxectivo na vida é o oposto ó dela. Emad desexa marchar de Palestina para sempre.

Este argumento, desenvuelto durante os 109 minutos de duración do filme, foi o que puideron coñecer os asistentes á proxección que tivo lugar onte pola noite na Ruela de Xerusalén.

Foi una sesión de cine ó aire libre, de balde en nun entorno incomparable. En pleno casco histórico de Santiago, a organización de Amal colocou un proxector baixo o olivo que preside a praciña, enfocado cara unha das paredes brancas da mesma. Deste modo, os asistentes puideron desfrutar dunha noite de cine inmellorable, con boa temperatura e boa compaña, achegándose, iso sí, á cultura árabe. O finalizar a proxeción serviuse ó público una taza de té para pechar una velada perfecta.

Esta foi a primeira das mostras que o Festival de cine Amal proxectará dentro do Festival dos Abrazos. As próximas sesión serán os mércores 17 e 24 deste mes, a partires das 22,00 h da noite, na Ruela de Xerusalén.

MÉRCORES 17:

 

-A miña boneca de trapo:
Shereen Ghieth
Qatar, 2009

Walaa enterra a súa boneca lonxe dos ollos dos demais.  Ten medo do que os turistas buscan nela?  Sabe que o seu medio de vida é máis importante que os seus soños, así que se consola pensando que, se vende bonecas, poderá volver a vivir coma antes, como calquera nena da súa idade.

 

-Esperando a neve:
Yassine El Idrissi
Marrocos, 2009

 

Ao igual que moitos nenos de 5 anos en Marrocos, Ismail vive nunha gran pobreza.  Nas profundidades da montaña do Atlas, espera a neve, pero non para gozar con ela coma os outros nenos.  Para el, a neve trae un ingreso familiar vital.

 

-Baghdad express:
Nimer Rashed
Reino Unido, 2008

 

Maya soña con ir á escola de moda mentres traballa no restaurante árabe do seu pai en Londres.  Pero cando se ve obrigada a decidir, que é o primeiro, o seu pai ou o seu soño?

MÉRCORES 24:

-Camino a Nahr Al BaredSebastián Talavera
España, 2009

A película narra a vida nun campo de refuxiados palestinos a través dos testemuños de cinco dos seus habitantes, de idades comprendidas entre os 9 e os 62 anos.  As palabras de Yaser, Izar, Ali, Raed y Mustafá reflexan o día a día de 35.000 persoas.

 

 

 

  

 

Categoría: Novas
Etiquetas: