TODOS VÓS SODES CAPITÁNS, MELLOR LONGAMETRAXE NO III PICNICK FESTIVAL DE SANTANDER

12 / 08 / 2011

O 6 de agosto terminou o III Picnick Festival de Santander. O evento, que arrincou o día 2, garlardoou aos traballos Todos vós sodes capitáns, Nena, Lines, Chinarro, Los mundos lisérgicos, Corazón encharcado e Breda.

A sección competitiva de longametraxes Europicknick do III Picnick Festival de Santander, entre os 4 finalistas do xurado outorgou o premio ao mellor traballo ao español Todos vós sodes capitáns de Óliver Laxe. Pola súa parte, Nena, de María Florencia Álvarez, foi elexida como a mellor curtametraxe de ficción en cine; Lines, de Daniel Chamorro, coma mellor curtametraxe de ficción en vídeo; Chinarro, de Francisco España, coma mellor documental; Corazón encharcado, de Aitor Herrero, coma mellor animación; Los mundos lisérgicos, de Javier Cardenete, coma mellor videocreación; e Breda, de Mario Gutiérrec Cru, coma mellor videoinstalación. 

Categoría: Novas
Etiquetas: