HOXE, DÍA 23 DE ABRIL, ENCONTRO COS FINALISTAS A MELLOR OBRA DE ANIMACIÓN DOS PMM NA FACULTADE DE CC. DA COMUNICACIÓN DA UDC E PROXECCIÓN EN DIFERENTES PUNTOS DA XEOGRAFÍA GALEGA NA SEMANA DO AUDIOVISUAL GALEGO

23 / 04 / 2009

Os finalistas a mellor obra de animación estarán hoxe na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Coruña nun coloquio organizado pola Academia Galega do Audiovisual, dentro da actividade Encontros Mestre Mateo, paralela aos Premios Mestre Mateo.

A partir das 18:30, comezará esta mesa redonda que contará coa presenza de Alberto Neira, director de produción de Bren Entertainment, Chelo Loureiro, produtora executiva de “A crise carnívora”, Jorge Morais, director de “O pintor de ceos”, Juan Carlos Pena, co-director de “O espírito do bosque”, Miguel Mariño, director de desenvolvemento de Alén Filmes, por “Homeless, sen teito” e “A miña casa é un inferno” e Tomás Conde, director de “O soldadiño de chumbo”. O moderador da mesa será José Juan Videla, decano da Facultade. 

O seguinte coloquio, dentro dos Encontros Mestre Mateo, celebrarase na Fundación Tic de Lugo, mañá, día 24 de abril, cos finalistas á mellor longametraxe de ficción. Acudirán Ángel de la Cruz, director de “Os mortos van á presa” e Alfonso Zarauza, director de “La noche que dejó de llover”.  

Por outra parte, a Semana do Audiovisual Galego chegará hoxe a A Guarda, Abegondo, Cariño, Chantada, Lalín, Monforte, Reondela, Ribadavia e Santiago.  

Toda a programación dos Encontros Mestre Mateo e a Semana do Audiovisual Galego pódese descargar na sección Premios Mestre Mateo 08.

Etiquetas: