HOXE, DÍA 22 DE ABRIL, ENCONTRO COS FINALISTAS A MELLOR GUIÓN DOS PMM NA FACULTADE DE CC. DA COMUNICACIÓN DA USC E PROXECCIÓN EN ARES E CULLEREDO NA SEMANA DO AUDIOVISUAL GALEGO

22 / 04 / 2009

Os finalistas a mellor guión estarán hoxe na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela nun coloquio organizado pola Academia Galega do Audiovisual, dentro da actividade Encontros Mestre Mateo, paralela aos Premios Mestre Mateo.

 A partir das 18:30, comezará a mesa redonda que contará coa presenza de Alfonso Zarauza, guionista de “La noche que dejó de llover”; Ángel de la Cruz, por “Os mortos van á presa”; Xosé Castro “Pato”, por “Air Galicia” e Víctor Sierra, por “Padre Casares”. 

O seguinte coloquio, dentro dos Encontros Mestre Mateo, celebrarase na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña mañá, día 23 de abril, cos finalistas á mellor obra de animación, nas categorías de longametraxe e curtametraxe. 

Por outra parte, a Semana do Audiovisual Galego chegará hoxe a Ares e Culleredo. Os traballos “Miña casa é un inferno” e “Malta radio”  proxectaranse en Alianza Arensana (Ares) e no Edificio Servizos Múltiples de Culleredo se proxectará “Mínimo Común Múltiplo” e “A crise carnívora”. 

Toda a programación dos Encontros Mestre Mateo e a Semana do Audiovisual Galego pódese descargar na sección Premios Mestre Mateo 08.

Etiquetas: