CURSOS DE ARTERIA NOROESTE SOBRE AVID E OBRADOIRO DE MÚSICA PARA IMAXE

23 / 04 / 2009

ARTeria Noroeste anuncia a celebración dos cursos de Avid e Obradoiro de música para imaxe que darán comezo a próxima semana nas súas instalacións de Santiago. Os profesores son David Paro e Julio Andrades respectivamente. 

Obradoiro de música para imaxe: 

Explicaranse as técnicas máis comúns e prácticas ó compoñer para unha imaxe, baseándonos no traballo artesán e nas ferramentas tecnolóxicas modernas. 

Data: 28 abril ó 19 de maio. [martes, xoves e  venres; 40 horas]. Horario: 16:00-20:00 Profesor: Julio Andrade 

Avid: 

Conceptos de traballo da edición non lineal para a súa aplicación nas ferramentas de montaxe do mercado profesional. 

Data: 27 abril ó 27 de maio [luns e mércores; 30 horas]. Horario: 16:00-20:00 Profesor: David Pardo 

 

Máis información: 

ARTeria Noroeste. Parque Vista Alegre. Rúa das Salvadas, 2A. 15705 Santiago de Compostela 

Información e inscripciones: Tfno: 981.569183.

E-Mail: gnieves@sgae.es

Categoría: Novas
Etiquetas: