GALICIA E PORTUGAL COMPARTEN UNHA CONFERENCIA INTERNACIONAL SOBRE AS INDUSTRIAS CREATIVAS

16 / 02 / 2012

Os días 23 e 24 de febreiro celebrarase a conferencia internacional “As industrias creativas como chave para o futuro: análise e perspectivas”, organizada pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (GNP-AECT), con diversos apoios institucionais. O evento desenvolverase na súa primeira xornada na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, e na segunda, en el Paço dos Duques de Bragança da localidade portuguesa de Guimarães.  A Conferencia Internacional celebrará a súa primeira xornada, o xoves 23 de febreiro, na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. O evento inaugurarase ás 10:00 horas cunha sesión a cargo dos organizadores que contará coa presenza de Jesús Vázquez, conselleiro de Cultura, Educación e Planificación Universitaria da Xunta de Galicia. Ás 11:00 horas terá lugar a primeira conferencia, sobre o desenvolvemento das industrias creativas: unha perspectiva para o futuro, a cargo de Andy Pratt, del King’s College de Londres. Ás 11:30 horas presentarase un estudio sobre a dimensión económica das industrias creativas en Galicia e no Norte de Portugal elaborado pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (GNP-AECT). O acto correrá a cargo de Juan Carlos Fernández, director xeral da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), de Ricardo Luz, da Agência para o Desenvolvimento das Indústrias Criativas (ADDICT), e de Adolfo Neira, de EOSA, a quenes moderará Juan Lirón, secretario de GNP-AECT.

Para concluír, ás 12:30 horas terá lugar outra ponencia sobre os desafíos e oportunidades para as industrias creativas a cargo de Víctor Fernández Blanco, da Universidad de Oviedo. As actividades do venres 24 de febreiro levaranse a cabo no Paço dos Duques de Bragança da localidade portuguesa de Guimarães. A xornada abrirase con outra presentación institucional ás 10:00 horas, ó que seguirá outra charla sobre o desenvolvemento da industria creativa: unha perspectiva para el futuro, a cargo neste caso de Paulo Alves, da Fundación Serralves. Ás 11:30 horas presentarase o estudio sobre as industrias creativas en Galicia e no Norte de Portugal a cargo dos mesmos poñentes que en Santiago, e ás 12:30 horas, Isabel Neira, da Universidad de Santiago de Compostela, disertará sobre os desafíos e oportunidades para as industrias creativas.

A inscrición na Conferencia é gratuíta. O formulario pode encontrarse na web www.gnpaect.eu.

 

Categoría: Novas
Etiquetas: