PARTICIPA NA II MOSTRA DE DOCUMENTAIS EN GALEGO

15 / 02 / 2012

O próximo día 21 de marzo de 2012 ás 19,30 horas, levarase a cabo a II Mostra de Documentais en Galego organizadas polo Ateneo Ferrolán e que nacen no 2011 como plataforma para impulsar e difundir os documentais en galego. 

Dende o propio Ateneo fan un chamamento a todas as persoas que queiran participar nesta Mostra, acheguen os seus traballos en formato DVD, acompañado dunha ficha cumprimentada cos datos do documental. Farase unha selección cos documentais presentados.

Máis información en www.ateneoferrolan.org

Categoría: Novas
Etiquetas: