A semana pasada abriuse o prazo para participar no Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal. Como nas 9 edicións anteriores, o Festival marca unhas datas para que aqueles interesados en participar envíen as súas curtametraxes ou longametraxes. Unha vez recibidas todas as producións, o xurado de preselección, composta por profesionais do mundo do cine a o audiovisual, deberá visionalas e decidir cales pasarán a formar parte da selección oficial.

Dende a apertura do prazo para participar no festival, que foi o 10 de febreiro, e ata o peche da convocatoria o 1 de xuño, a organización de Amal recibirá centos de curtas e longametraxes, de entre os cales seleccionará ao redor dunha trintena.

Alberto López Pasarín e Paula Fernández Franco son os dous estudantes da USC seleccionados pola organización do Festival Amal para completer ese xurado de preselección. De entre as longas e curtas de ficción e documentais recibidas, deberán seleccionar arredor dunha trintena atendendo a diversos criterios. En primeiro lugar as películas seleccionadas deberán cumprir os requisitos esixidos polo Festival; os filmes terán que abordar temas relacionados co mundo árabe e deberán ter sido producidos entre 2010 e 2012. Outro dos requisitos é que todas as obras presentadas deberán ser orixinalmente en español, inglés ou francés, ou estar subtituladas a devanditos idiomas. Polo demais, cada membro do xurado de preselección decantarase por unhas ou outras dependendo dos seus propios criterios, sempre respectando a filosofía do Festival Amal.

Con esta iniciativa, na que alumnos da USC introdúcense de cheo no Festival de Cine, Amal escoita as opinións e impresións dos máis novos, ofrecéndolles a oportunidade de achegar unha valoración decisiva para seleccionar os títulos que competirán dentro da Sección Oficial do ano 2012.