CULTUR.GAL ACOLLERÁ AS II XORNADAS DA INDUSTRIA MUSICAL

28 / 11 / 2008

Cultur.gal, a Feira das Industrias Culturais en Galiza, terá lugar en Palexco, A Coruña, do día 4 ao 7 de decembro. Nela terán lugar todo tipo de programacións e actividades das diversas disciplinas, mais na música o programa vai ser especialmente intenso.
Non só vai haber stands de empresas, showcases e un superespectáculo, senón que a Feira acollerá as II Xornadas da Industria Musical Galega. Unhas xornadas que dan continuidade ás que xa se celebraran o ano pasado no Auditorio de Galicia con grande éxito de crítica e público.

Este ano o programa volve incidir nas temáticas que máis preocupan ao sector da música en xeral: os dereitos, o futuro do mercado discográfico, a autoxestión… As xornadas contarán, ademais, cun “meeting point” por día, no que se lles permitirá aos asistentes interaccionar cos conferenciantes.

A entrada é gratuíta, previa inscrición. O prazo de inscrición remata este domingo, día 30.

Máis info en: http://www.culturgal.com/actividade.php?id_a=10

Categoría: Novas
Etiquetas: