Hoxe, xoves 10, ás 20:30 horas en Cinebox Ourense proxéctarase no marco do ciclo de cine Vicente Risco na República de Weimar a película “Emilio e os detectives”. A presentación corre a cargo do xornalista Xosé Manoel Rodríguez. A entrada é libre e gratuita.

Esta filme supuxo un dos primeiros guións de Billy Wilder e acadou, no seu día, un grande éxito de público. Porén, algúns fanáticos do que despois se convertería no movemento nacional socialista (nazismo) queimaron os libros nos que se baseaba a historia por seren “contrarios ao espírito alemán”.

“Estou no corazón de Berlín, nunha estación chea de xente e de movemento onde todos andan á presa. Onde hai sol e todo semella ledo e riseiro.” Vicente Risco en Mitteleuropa

 

Xénero: Infantil, cine de aventuras | 75 min. | Director: Gerhard Lamprecht

Guión: Erich Kästner, Emeric Pressburger, Billy Wilder | Fotografía: Hannes Hubach

Reparto: Rolf Wenkhaus, Käte Haack, Emil Tischbein, Fritz Rasp

Sinopse: Aventuras e peripecias de Emilio, un espelido neno de 12 anos que sofre un roubo durante a súa viaxe a Berlín. Un divertimento amable adornado con intriga, acción, aventuras sen fin e moito sentido do humor.