O CGAI INAUGURA MAÑÁ A NOVA TEMPADA DA SECCIÓN OFF GALICIA

16 / 09 / 2011

O Centro Galego de Artes da Imaxe, inaugura mañá sábado día 17 de setembro (18.00 horas) a sección OFF GALICIA desta tempada coa proxección de dúas pezas de animación avaladas tanto pola calidade dos seus autores como pola súa proxección internacional, Birdboy (2010) de Alberto Vázquez e Pedro Rivero e Gato encerrado (20120) de Peque Varela, autora da célebre curta 1977 (2007). A presentación da sesión corre a cargo de Alberto Vázquez. A entrada é gratuíta.  

BIRDBOY   
(España, 2010)
Dirección e guión: Alberto Vázquez e Pedro Rivero. Produción: Abrakam Estudio, Kostoma Studio, Cinemar Films e Uniko. Duración: 12 minutos.  
A pequena Dinki vai á escola acompañada do seu pai. Un terrible accidente industrial vai mudar para sempre a vida na illa que habitan. O destino de Dinki pende das alas do seu amigo Birdboy, un mozo páxaro marxinado na escola e que parece entregado ás súas fantasías no bosque. Multipremiada coprodución co País Vasco que permite disfrutar do talento do ilustrador e debuxante Alberto Vázquez.  
 
GATO ENCERRADO   
(España, 2010)
Dirección e guión: Peque Varela. Produción: Argallando. Fotografía: Neus Ollé. Duración: 12 minutos.  
Segundo a tradición anglosaxona, os gatos teñen nove vidas. Sen embargo, según a tradición española tan só posúen sete. Tomando como premisa estes mitos populares, o film relata a vida de dous gatos que, na súa existencia, gozan de desiguais privilexios simplemente por ter nacido en lugares diferentes. Preclaro exercicio de combatividade e precisión que amosa, entre outros aspectos, os camiños posibles –sen límites- da animación. Sección Oficial en Gijón 2010.

Categoría: Novas
Etiquetas: