Carlos Amil, o director de cine galego, defendeu esta tarde unha Comunicación presentada no decurso do II Congreso Galego Audiovisual, na que denunciaba que as películas que se subvencionan ou priman dun xeito especial polo uso do idioma galego, non se poden rodar ou sonorizar en galego porque o mercado estatal no que se amortiza calquera película que se rode en España non o admite, e dóbranse ó galego sendo este idioma o perdedor nas preferencias do público propio. É dicir, Galegos que empregan a cotío o galego, volven elixir non ve-lo seu idioma dobrado, pero ademais, a alternativa en castelán é o orixinal aínda que se rodase en Galicia con personaxes galegos e coas subvencións dos organismos normalizadores da língua. Esta perversión ten para Carlos Amil, pouco arranxo porque se basea en que os coproductores, necesarios a nivel estatal, obrigan a que o idioma orixinal sexa o castelán, co que implicitamente, ou mellor, explicitamente, recoñecen as vantaxes para ese idioma en facer con el a Versión Orixinal.
CARLOS AMIL DEFENDEU NA SÚA COMUNICACIÓN A VERSIÓN ORIXINAL GALEGA

O director galego denunciou no II Congreso Galego Audiovisual que os coproductores estatais obrigan a rodar en castelán

Santiago, venres 17 decembro 2004.- Carlos Amil, o director de cine galego, defendeu esta tarde unha Comunicación presentada no decurso do II Congreso Galego Audiovisual, na que denunciaba que as películas que se subvencionan ou priman dun xeito especial polo uso do idioma galego, non se poden rodar ou sonorizar en galego porque o mercado estatal no que se amortiza calquera película que se rode en España non o admite, e dóbranse ó galego sendo este idioma o perdedor nas preferencias do público propio. É dicir, Galegos que empregan a cotío o galego, volven elixir non ve-lo seu idioma dobrado, pero ademais, a alternativa en castelán é o orixinal aínda que se rodase en Galicia con personaxes galegos e coas subvencións dos organismos normalizadores da língua. Esta perversión ten para Carlos Amil, pouco arranxo porque se basea en que os coproductores, necesarios a nivel estatal, obrigan a que o idioma orixinal sexa o castelán, co que implicitamente, ou mellor, explicitamente, recoñecen as vantaxes para ese idioma en facer con el a Versión Orixinal.

Se o público español, absolutamente imprescindible, non admite películas en Versión Orixinal Galega e substitulada por falta de costume, só se lle podería ofrece-la película dobrada ó mercado estatal, é dicir, en peores condicións que outra andaluza, aínda que iguais a calquera producción americana.

Afirmou o director galego respecto á dobraxe que semella que o idioma, cando expresa determiñados sentementos, é irremprazable. Sobre a subtitulación, dixo que o analfabetismo funcional primeiro, os nacionamismos fascistas ou controladores que deixaron costumes adquiridos e unha división económica entre países grandes e pequenos, son as razóns históricas de por qué uns países adquiriron unhas costumes dobradores e outras de subtituladores. En Europa occidental, viuse observando unha clara división entre países grandes que prefiren a dobraxe, coma Francia, España, Italia ou Alemania, e os pequenos que se decantan polo subtitulado, coma Portugal, Países Baixos, Grecia ou os Países escandinavos.

O presidente da asociación CREA, Carlos Amil, defendeu ás claras a Versión Orixinal Galega, xa que may unido ó máximo de recursos a disposición do director e o espectador. O feito de chegar a un espectador coa Versión Orixinal, vaille enriquecer e vai dar unha oportunidade á liberdade de expresión, sexa en galego ou noutro idioma. Ademais, afirmou, vai educar a un público para que intensifique a súa relación co cine e o converta en máis fiel, e polo tanto, a industria cultural, non só de lecer, sairá moi beneficiada de ter ese público cada vez mellor preparado para consumi-los seus productos. Se un director escolleu un idioma, o idioma veráse potenciado polo talento dese director e esa relación chegará ó público en forma de emoción.

Para o cine galego sería moi bo ter un público receptor de calquera idioma en Madrid, Barcelona, Bilbao ou Burgos. Porque, rematou afirmando, caeríase o principal argumento para coarta-la posibilidade de facer películas en Versión Orixinal Galega.