O 79 por cento dos guionistas en España son homes. A maior parte dos guionistas, teñen entre 30 e 40 anos. Estudios superiores. Son autodidactas. Chegaron á profesión por vocación. A maior parte residen en Madrid e Barcelona. A muller vaise incorporando paulatinamente á profesión. O 60 por cento dos guionistas teñen que compatibiliza-la profesión con outra que propicie un salario complementario para vivir. A inmensa maioría son autónomos. O 90 por cento dos guionistas cobran por traballo realizado e de xeito irregular. O 73 % non pode vivir do traballo como guionista. Perto do 73 por cento perciben anualmente uns 18.000 euros. A media das percepcións sitúase en 19.760 euros. Os traballos mellor pagados son as tv e as teleseries. O 90 por cento deles, afirman que España non é un bo lugar para os guionistas. Os problemas que plantean fundamentalmente son: inseguridade no traballo, falta de colaboración, pouco e irregular salario, falta de oportunidades… O 70 % DOS GUIONISTAS EN ESPAÑA TEÑEN QUE COMPAXINA-LA PROFESIÓN CON OUTRA COMPLEMENTARIA

O debate sobre a situación dos guionistas sacou á luz datos reveladores

Santiago, venres 17 decembro 2004.- O 79 por cento dos guionistas en España son homes. A maior parte dos guionistas, teñen entre 30 e 40 anos. Estudios superiores. Son autodidactas. Chegaron á profesión por vocación. A maior parte residen en Madrid e Barcelona. A muller vaise incorporando paulatinamente á profesión. O 60 por cento dos guionistas teñen que compatibiliza-la profesión con outra que propicie un salario complementario para vivir. A inmensa maioría son autónomos. O 90 por cento dos guionistas cobran por traballo realizado e de xeito irregular. O 73 % non pode vivir do traballo como guionista. Perto do 73 por cento perciben anualmente uns 18.000 euros. A media das percepcións sitúase en 19.760 euros. Os traballos mellor pagados son as tv e as teleseries. O 90 por cento deles, afirman que España non é un bo lugar para os guionistas. Os problemas que plantean fundamentalmente son: inseguridade no traballo, falta de colaboración, pouco e irregular salario, falta de oportunidades…

Estas podrían se-las conclusións que, a modo de datos reveladores extraídos dun estudio elaborado pola Fundación Alma, definen ó Guionista en España. Así se deduce do debate celebrado esta tarde no II Congreso Galego Audiovisual, ó que asistiron Enrique Rivadulla Corcón, Presidente da Asociación Galega de Guionistas; Carlos López Piñeiro, secretario da mesma; Milagros Bará, da asociación Alma, e Rufino Sánchez, responsable do Departamento de Estudios da Fundación Autor. Uns datos reveladores que conduciron ós relatores a afirmar que a maior satisfacción que arroxa esta profesión, é a meramente profesional.

Afirmaron tamén que o panorama preséntase un tanto negro, e que non se prevén cambios nel dado que o sistema non vai cambiar, e ten un límite para estes traballadores que, por outra parte, son considerados por algúns profesionais do audiovisual como a peza clave dunha producción. Non se produce tanto como se grava, e iso dificulta tamén o posible cambio. Os productores elixen ós guionistas, os guionistas non teñen ónde elixir. Sen embargo, afirmaban os participantes e os relatores do debate que de existir unión, o cambio estaría en mans dos guionistas, porque se poderían tomar medidas en conxunto que fixesen presión e deixasen ó descuberto a importancia do guionista en todo o proceso que implica a producción audiovisual. A situación, en definitiva, só se puede mellorar cunha iniciativa reivindicativa dos guionistas en conxunto. Por iso, para lograr esa unión, é polo que se creará unha Federación de Guionistas en España.

Afirmaron os representantes da Asociación Galega de Guionistas que en Galicia, éstes son a auténtica materia prima do audiovisual, e que supoñen só o 2 por cento do conxunto do estado. Recomendaron, ademáis ós guionistas non amosar nunca o que se escribe sen telo rexistrado antes na Propiedade Intelectual, o que inducíu ós asistentes ó debate a comproba-la usurpación de ideas e proxectos por parte de quen conta cos medios para levalos a cabo.