Vantaxes de ser socio

Votar nos Premios do Audiovisual Galego “Premios Mestre Mateo” Todos os socios da Academia teñen dereito a votar nos Premios Mestre Mateo que se organizan anualmente. Deste xeito, os académicos actúan como xurado e seleccionan as mellores producións audiovisuais feitas durante o ano en Galicia, desde longametraxes ata curtametraxes, pasando por series de televisión, obras experimentais ou interactivas, programas para televisión, obras publicitarias, dirección de fotografía, dirección artística, dirección de produción, etc.  AloxamentoCasa de turismo rural "Casa dos Noche" Desconto do 20% nas tarifas, excepto en tempada alta.NOVO Hotels Attica 21Aplicación da tarifa empresa.Hotel ZenitDesconto do 10% sobre a mellor tarifa dispoñible. NH Hoteles Desconto do 5% sobre a mellor tarifa flexible. Pousadas de Compostela Desconto do 15% na tarifa pública. Asesoramento legalMiguel Lorenzo Posibilidade de facer consultas de tipo xurídico puntuais ou

Anuarios

O Anuario é unha publicación na que se recolle, onda os premios, a información pertinente para sintetizar o que deu de si o ano no eido audiovisual en Galicia. Esta publicación pasa a substituír ao boletín que editou trimestralmente a Academia entre os anos 2003 e 2006.A estrutura, vén definida polo traballo da Comisión de Publicacións, que é a encargada de definir os contidos, e é a seguinte: Ampla documentación das actividades realizadas pola Academia (Premios Mestre Mateo, Foro Academia Aberta, Xornadas de balance, outras...), información sobre as axudas ao sector, información sobre as producións realizadas, información sobre os festivais audiovisuais galegos, cronoloxía, necrolóxicas, artigos de opinión dos socios que o desexen, artigos que a Academia solicitará a profesionais concretos sobre temas de actualidade. "O obxectivo deste anuario non é outro que ser un reflexo da pluralidade de pensamento e de obra que a Academia acolle no seu

Anuario 06-07

Anuario “Papeis da Academia Galega do Audiovisual 06 – 07” nace para ser un instrumento máis que contribúa á mellor función que a Academia Galega do Audiovisual pode ter, a do coñecemento.Saíu á luz no mes de novembro de 2007 e recolleu, onda os premios, a información pertinente para sintetizar o que deu de si o 2006 – 2007  no eido audiovisual en Galicia.O seu obxectivo é acadar regularidade e substituír á revista que trimestralmente publicaba a Academia.Inclúe os seguintes contidos:- Información sobre o Foro Academia Aberta 2006 e Premios Mestre Mateo 2006.- Transcrición dos debates habidos nas “Xornadas de Balance 07. O estado das cousas”.- Información sobre a audiencia da TVG na tempada 2006-2007.- Información sobre a exhibición en Galicia na tempada 2005 – 2007.- Información sobre as subvencións ao audiovisual no 2007.- Información sobre os festivais habidos entre maio 2006 e xuño 2007.- Producións realizadas e presentadas ao longo do ano, con

Anuario 07-08

{loadposition patro_A0708}No mes de novembro do 2008, saíu á luz a II edición do Anuario “Papeis da Academia Galega do Audiovisual” no que recollemos o que deu de si o noso sector no período xullo 2007 – xuño 2008 e no que recolleu información sobre:- Artigos de opinión dos socios da Academia.- Artigos solicitados pola Academia a profesionais concretos sobre temas de actualidade.- Amplo resumo dos Premios Mestre Mateo 07.- Información sobre as subvencións ao audiovisual no 2007-2008.- Información sobre os festivais habidos no período.- Producións realizadas ao longo do ano, con ficha técnica, sinopse e outros datos relevantes de cada unha delas.- Cronoloxía.- Obituario. Ademais, o anuario veu acompañado dun CD recopilatorio da obra do compositor Manuel Balboa (1958-2004). O compositor coruñés elaborou composicións musicais sinfónicas e de cámara, tamén música para películas, televisión e teatro.No cine comezou coa banda sonora de “Martes de Carnaval”

Foro Academia Aberta

O Foro Academia Aberta é, xunto cos Premios Mestre Mateo, fito clave na vida da Academia."Trátase da celebración dunhas xornadas de reflexión e estudo sobre algún aspecto de importancia para o desenvolvemento do audiovisual galego"O Foro está aberto á participación tanto dos académicos coma do resto de profesionais e estudantes -coa posibilidade, en colaboración coas universidades, de validación de créditos-.{morfeo

Encontros Mestre Mateo

Este ano, as xornadas de reflexión e debate entre profesionais e académicos que a AGA comezou a celebrar desde 2007 cada mes de xuño -os Encontros da Academia-, adiántanse e celébranse poucos días antes da entrega dos premios. Baixo o nome Encontros Mestre Mateo, desde o 20 ao 29 de abril os nominados nas categorías de Mellor Dirección de Fotografía, Música Orixinal, Guión, Animación, Longametraxe, Interpretación, Dirección Artísticas, Documentais, Curtametraxe de ficción, Programa de televisión participarán en dez coloquios organizados pola Academia Galega do Audiovisual en diversos centros docentes, onde conversarán cos alumnos e outros profesionais sobre o seu traballo, tanto polo que resultaron nominados, como sobre a súa profesión en xeral. Patrocinadores{loadposition patro_sdag_emm}  Volver a Premios MM08

Semana do Audiovisual Galego

A Semana do Audiovisual Galega, ideada para difundir os principais traballos nominados por toda a xeografía galega e que acada a súa terceira convocatoria, desenvolverá o seu programa de proxeccións nun total de 36 salas das catro provincias, desde o 20 ao 25 de abril. As localidades que este ano visita a Semana do Audiovisual Galego son Ferrol, Negreira, Lalín, Verín, Celanova, Neda, Culleredo, Ares, Abegondo, Chantada, Monforte de Lemos, Cariño, Ribadavia, A Guarda, Cambados, Xinzo de Limia, Melide, San Sadurniño, Santiago, Cervo, Nigrán, Valdoviño, Porto do Son e As Pontes de García Rodríguez. Así mesmo, o circuíto chegará a nove institutos de Ribeira, Redondela, Vilagarcía, Burela, Vigo, Vilalba, Carballo e Ourense.  Patrocinadores{loadposition patro_sdag_emm}  Volver a Premios MM08

V Premios Mestre Mateo

Celebrouse o 9 de maio de 2007 no Teatro Colón Caixa Galicia. Os presentadores foron Manquiña e Morris que estiveron acompañados pola banda de Luis Tosar, The Ellas. Foi unha gala áxil, chea de humor e ata algo gamberra.Patrocinadores {loadposition patro_mm06}V Gala Premios Mestre Mateo {morfeo

VI Premios Mestre Mateo

Celebrouse o 15 de abril de 2008 no Teatro Jofre de Ferrol.Por segunda vez, os presentadores foron Morris e Manquiña. Patrocinadores {loadposition patro_mm07} VI Gala Premios Mestre Mateo {morfeo

VII Premios Mestre Mateo

Pontevedra foi onte a anfitrioa da gran festa anual do audiovisual galego. O seu Pazo da Cultura acolleu a VII edición dos Premios Mestre Mateo, un acto no que como é habitual reuníronse autoridades institucionais, representantes da vida social e económica de Galicia e, principalmente, asociacións e profesionais do sector. O acto arrincou con forza grazas ao grupo de música Lamatumbá e ao colectivo de artistas Pista Catro, as dúas formacións que deron ritmo á toda a velada. Os actores de Pista Catro prenderon a mecha da Gala cunha actuación na que simularon chegar tarde e, abríndose paso entre o público, acadaron o escenario á vez que se daban os últimos toques de peiteado e vestimenta.Morris e Manuel Manquiña, os mestres de cerimonias da Gala do ano pasado, pasaron o testemuño ao seu sucesor para esta ocasión, o cantante Sergio Zearreta, que foi dando entrada e saída aos distintos momentos da Gala. A Gala dos VII Premios Mestre Mateo, que foi dirixida por Jorge