“CORES” DE JAIRO IGLESIAS, PREMIADO NO FESTIVAL DE CURTAMETRAXES DE IGUALADA

21 / 07 / 2008

O pasado venres 18 Jairo Iglesias recolleu o 2º Premio do Microcurt, o 7º Festival de Vídeo de Igualada, pola súa curtametraxe “Cores”, interpretada por Alberto Rolán e Vicente de Souza. Esta obra, produción de Mr Misto Films, xa se convertíu na curtametraxe galega máis premiada, recibindo premios como o Premio do Público no Festival Nacional de Curtas “Redondela en curto” ou o premio ao Mellor Guión no Festival Galego de Curtas Cidade de Sada.
O director, emocionado, recolleu o premio no ateigado auditorio da vila barcelonesa agradecendo o premio “a todos los que me han ayudado a hacer realidad el sueño de trabajar en el audiovisual” e como sempre recordou ao seu equipo de traballo: “este premio es para todas las personas que han estado en el corto”.

Jairo Iglesias foi o gañador do Mestre Mateo 06 á Mellor Curta de Ficción coa peza, “Cicatrices” e dende entón o seu éxito profesional non parou, dende “Rosa dos ventos” ate “1936. Ribadeo”.

Etiquetas: