
VI Encontro de Academias de Cine
A Academia Galega do Audiovisual participou no VI Encontro de Academias de Cine celebrado no marco do Festival Internacional de Cine de Almería (FICAL) e contou coa participación da Academia del Cine Aragonés, a Acadèmia del Cinema Català, a Academia del Cine Asturiano, a Acadèmia Valenciana de l’Audiovisual e a Academia de Cine de Andalucía, que actuou como anfitrioa.Á inauguración, na que interviñeron Enrique Iznaola, director de FICAL, e Marta Velasco, presidenta da Academia de Cine de Andalucía, seguírona diversas reunións e mesas de traballo que propiciaron o intercambio de experiencias entre os diversos territorios representados. VI Encontro de Academias de Cine. Na xornada do 19 de novembro as persoas representantes das Academias asistiron á inauguración dun monolito que acreditaba ao deserto de Tabernas como ‘Tesouro Cinematográfico Europeo’. No acto estivo presente Antonio Saura, representante da Academia do Cine Europeo (EFA), entidade que

Inauguración da exposición ‘Un retrato ben merecido’
Ourense, 16 de novembro de 2022 | O Centro Cultural Marcos Valcárcel alberga Un retrato ben merecido, unha mostra que conmemora o vixésimo aniversario da fundación da Academia Galega do Audiovisual, con retratos do fotógrafo Aigi Boga e comisariada pola xornalista María Yáñez. A exposición poderá visitarse no Centro Cultural Marcos Valcárcel ata o 11 de decembro de 2022. Exposición Un retrato ben merecido A cámara de Aigi Boga retratou a Sara Horta, Brais Romero, Lorena Vilas, Sandra Sánchez, Susana Veira, Marga Pazos, Lucía Catoira, Nani García, Marisela Lens, Tomás Conde, Virginia Curiá, Lorena Vilas, Antonio Pereira, Jorge Coira, Melania Cruz, Milo Baños, Tito Asorey, Alba Gallego, Pablo Lamosa, María Vázquez, Marcos Nine e David Machado. Vinte académicas e académicos que compoñen unha serie de vinte fotografías en gran formato que quere constituír unha homenaxe ás e os profesionais que, ao longo de vinte anos, teñen contribuído a enriquecer

Aberto o prazo de presentación de traballos para os VII María Luz Morales
A Academia Galega do Audiovisual e as catro deputacións galegas convocan os VII Premios María Luz Morales de Ensaio e Videoensaio sobre o Audiovisual para premiar a excelencia na investigación científica no ámbito audiovisual. Os premios constan de catro categorías: Mellor ensaio escrito sobre audiovisual galego, Mellor ensaio escrito sobre audiovisual internacional, Mellor videoensaio sobre audiovisual galego e Mellor videoensaio sobre audiovisual internacional. O traballo gañador en cada unha delas recibirá un trofeo conmemorativo e 1.200 euros. As persoas interesadas en participar poden presentar os seus ensaios escritos e/ou os seus videoensaios sobre temática galega ou internacional dende hoxe, 11 de novembro de 2022, ata o 5 de marzo de 2023 a través do correo inscricions@academiagalegadoaudiovisual.gal. Os premios, que contan co apoio das Deputacións provinciais da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, naceron en 2017 para estimular a produción de ensaio

Ana Gontad: “O traballo de programación consiste en ver moito cinema”
A relación profesional da nosa asociada Ana Gontad cos festivais de cinema iniciouse hai case unha década nunha das citas máis senlleiras de Galicia, Cineuropa, que resoultou unha experiencia “marabillosa”. Na actualidade segue vinculada á mostra compostelá, formando parte do equipo de programación e dirixe, un pouco máis ao sur, o Primavera do Cine. Comezamos a nosa conversa preguntándolle por aquela primeira edición traballando en Cineuropa. “Empecei alí en 2014 e o meu traballo consistíu en dar soporte en comunicación, así que foi o ano que máis películas puiden ver do festival. O ano seguinte xa afondei máis no traballo xestión e comezou a miña grande aventura en Cineuropa, pero lembro aquel primeiro ano cinéfilo con moito agarimo". O traballo de programación non é, moitas veces, coñecido para o público que asiste aos festivais. Podes explicar en que consiste e como se organiza? O traballo de programación consiste en ver moito

Ábrese o prazo de inscrición para os XXI Premios Mestre Mateo
O prazo de inscrición de obras e profesionais para participar nos XXI Mestre Mateo estará aberto de hoxe, 19 de setembro ata o 24 de outubro de 2022, ás 14.00 horas. As bases da presente edición e o formulario de inscrición están dispoñibles na web dos Premios Mestre Mateo.

Elba Fernández: “Sinto que en cada produción estou aprendendo”
Coñecida musicalmente primeiro como Jane Joyd e despois como Mordem, foi a través deste alter ego co que, en 2014 entrou en contacto con Portocabo para encargarse do tema principal dunha serie daquela en desenvolvemento, que resultou ser a premiada Hierro. Nese momento coñeceu a Xavi Font, con quen, desde entón, asinou as bandas sonoras dalgúns dos thrillers máis destacados do audiviosual galego recente, como Rapa, Auga Seca, Proxecto Emperador e Hierro. Falamos con Elba Fernández sobre o traballo de composición de bandas sonoras e outros proxectos musicais nos que está implicada esta artista, para quen a música “sempre estivo aí”. De onde xorde o teu interese pola música? Na miña familia non temos músicos profesionais pero somos moi musicais, sempre estivo moi presente a música, cantar, bailar... Non lembro un momento no cal nacera un interese pola música, é como que sempre estivo aí, algo así como debuxar, pásame o mesmo.Como coñeciches

Alejandro García: “É imprescindíbel crear bos mundos sonoros para contar boas historias”
Alejandro García Fernández, máis coñecido como Rufo Sonido, é o director técnico no control de cámaras e son do Parlamento de Galicia, pero resulta coñecido sobre todo polo seu traballo nos equipos de son de diversas producións audiovisuais. O ano pasado estreou a súa ópera prima, unha curtametraxe que se estreou no Fanzine de Lemos coa que cumpriu o soño de dirixir. Falamos de son e repasamos unha traxectoria repleta de “moitos bos momentos”. Son directo, edición de son, mestura de son, deseño de son… con cal te quedas? Sen dúbida co deseño de son, é algo que me apaixoa. Cando empezo un proxecto novo, nas primeiras conversas co director, comezo a deseñar. Primeiro comprendo que quere, de que xeito quere que soe o traballo, e despois empezo a planificar e a idear mundos sonoros. En canto recibo o guión escollo unha secuencia, normalmente a que máis xogo sonoro dá, e mandolle ao director e á produtora un arquivo sonoro de como imaxino

Uxía Caride: “Desde todos os sectores debemos reivindicar os espazos de pensamento e crítica”
Uxía Caride leva dez anos a cargo da xerencia da Asociación Galega de Produtoras Independentes, AGAPI, unha asociación que, desde 1994 agrupa a produtoras de cine, televisión, publicidade e servizos e contribuiu, de xeito decisivo, á consolidación do sector audiovisual galego. Durante este tempo, considera que o sector viviu unha evolución “moi positiva” que o leva a ser, na actualidade “moi recoñecido internacionalmente” grazas ao talento que o integra. Falamos con ela sobre a actualidade da industria audiovisual e da cultura en Galicia e sobre o seu traballo “na sombra”. Levas unha década a cargo da xerencia de AGAPI. Como valoras a evolución da asociación desde que asumiches o cargo ata os nosos días? Nestes dez anos como xerente de AGAPI, o sector audiovisual galego mudou moito. As empresas asumiron a internacionalización como parte do traballo. A coprodución tamén pasou a ser a forma habitual de levar adiante os proxectos. Sen embargo,

Colaboración coa revista A Cuarta Parede
A Academia Galega do Audiovisual inicia unha colaboración con A Cuarta Parede, grazas á cal se poderán ler e visionar os ensaios e videoensaios gañadores dos Premios María Luz Morales na revista de crítica cinematográfica. Para o presidente da Academia, Álvaro Pérez Becerra "é importante non esquecer nunca o traballo de investigación que, ao redor do audiovisual, realizan moitos profesionais en Galicia. Temos desde a Academia a misión de contribuír a documentar todo ese coñecemento, e por suposto, a divulgalo. Que mellor, para isto, que contar cunha das publicacións que máis ten feito para dar a coñecer o traballo no audiovisual en Galicia, en especial o menos visible, como é A Cuarta Parede." Trofeos da VI edición dos María Luz Morales Jesús Silva Vilas, director da revista dixital, considera que “o principal obxectivo desta colaboración e contribuír a dar maior visibilidade aos traballos premiados nos María Luz Morales mediante a publicación e

VI Premios María Luz Morales de Ensaio e Videoensaio sobre o Audiovisual
Lara Bacelo, Eire García Cid, Severiano Casalderrey e Manuel Barreiro son os gañadores da sexta edición dos Premios María Luz Morales de ensaio e videoensaio sobre o audiovisual. O traballo Antón Varela obtivo un accésit na categoría de Mellor Videoensaio sobre Audiovisual Internacional. A Academia Galega do Audiovisual celebrou hoxe, xoves 7 de xullo, na sede da Deputación de Lugo, a entrega de premios da sexta edición dosMaría Luz Morales, que promoven a investigación científica no ámbito audiovisual. Álvaro Pérez Becerra presentou o acto en representación da Academia Galega do Audiovisual A Deputación da Lugo foi a anfitrioa na celebración desta sexta edición, e estivo representada pola súa vicepresidenta Tareixa Antía Ferreiro Tallón. Contou coa presenza de Xurxo Couto, deputado de Cultura da Deputación da Coruña, Patricia Torres Madureira, Deputada de Cultura e Producións Audiovisuais da Deputación de Ourense e María Victoria Alonso, Deputada