A Academia de las Artes y las Ciencias Cinematográficas de España convocou a primeira edición das Axudas á Investigación Luis García Berlanga, unha iniciativa que conmemora o centenario do nacemento do cineasta valenciano. Tres foron os proxectos de investigación seleccionados, entre os que atopamos un nome familiar, o do noso asociado José Luis Castro de Paz.  O Catedrático de Comunicación Audiovisual e Publicidade da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela presentou á convocatoria, xunto con Asier Aranzubía Cob, o proxecto Lugar y significación de las prácticas del Instituto de Investigaciones y Experiencias Cinematográficas (IIEC) y la Escuela Oficial de Cinematografía (EOC) dentro del cine español del periodo franquista. Fonte: Ministerio de Cultura Que foron o Instituto de Investigacións e Experiencias Cinematográficas e a Escuela Oficial de Cinematografía? Trátase do primeiro centro de estudos