O Clúster Audiovisual Galego asistirá por primeira vez á feira Integrated Systems Europe, ISE 2011, que se celebrará no Amsterdam RAI de Holanda do 1 ao 3 de febreiro, cunha delegación integrada por ata dez compañías galegas. As empresas interesadas en participar nesta feira de produtos de audio, vídeo e novas tecnoloxías poderán inscribirse ata o vindeiro 19 de xaneiro. A delegación do CLAG confeccionarase por rigorosa orde de recepción das inscricións das empresas.

ISE 2011 Integrated Systems Europe converteuse na feira líder da rexión de AV profesional e a integración de sistemas electrónicos. Desde os seus modestos comezos, o evento chegou a definir esta industria de rápido crecemento, actuando como un imán para os fabricantes, distribuidores, integradores e administradores das instalacións por igual. Poden consultar máis información sobre este evento na páxina web do Clúster Audiovisual Galego www.clusteraudiovisualgalego.com.