Comunicado da Academia Galega do Audiovisual | Aprazamento dos XIX Premios Mestre Mateo

26 / 01 / 2021

Despois das novas restricións por mor da Covid-19 anunciadas onte, tomamos a decisión de adiar a celebración da XIX edición dos Premios Mestre Mateo. Se a situación sanitaria o permite, o mércores 10 de marzo terá lugar a rolda de prensa de presentación no Teatro Colón da Coruña, para, a continuación, dar lugar ao anuncio de candidaturas finalistas. 

Na mesma localización terá lugar a entrega de Premios o sábado 10 de abril. Como estaba previsto, a ceremonia será dirixida polo director teatral e actor Tito Asorey, presentada pola actriz e humorista Lucía Veiga e estará retransmitida pola Televisión de Galicia. 

Consideramos que é a decisión máis responsable que podemos tomar, nun momento de crise sanitaria como o que estamos a vivir. Realizaremos novos anuncios sobre as actividades que acompañarán aos XIX Mestre Mateo cando a data estea próxima ou se se producise algunha novidade.

A Academia Galega do Audiovisual organiza os Premios Mestre Mateo grazas ao apoio das seguintes institucións: Concello da Coruña, Deputación da Coruña, a Axencia Galega das Industrias Culturais-AGADIC da Consellería de Cultura e CRTVG.

Etiquetas: