ESTRANXEIRO SEMPRE

Cando o coñecín, hai dez anos, Xavi Font aínda traballaba nun banco. Pero iso sóubeno despois, cando xa foramos cabo del e do seu camarada Arturo Vaquero para pedirlles que compuxesen a sintonía dun novo programa da radio pública. No audiovisual galego xa empezaba a...

A nosa familia é extensa e entusiasta. Somos moitos irmáns, seis concretamente, e a maioría acudimos a leccións de solfeo e piano dende pequenos. Case todos con excepción de Xavi, que se librou do que para o resto era o máis parecido a unha tortura froito do empeño da...

VIDA E MILAGRES DE XAVI FONT

Disco grande, o meu programa de Radio 3 en RNE, dedicado aos sons actuais e a contar e a exercer de altofalante do mellor do panorama da música contemporánea de aquí e de fóra. E, como parte do contido ineludible, o apoio aos novos artistas, aos emerxentes, aos que...

Algo que sempre me sorprendeu ao traballar con compositores é ver a humildade da que teñen que ser capaces para darlle a túa película exactamente a atmosfera que ti soñas que teña. Sígueme sorprendendo a pulcra atención que poñen intentando ler na túa mente a total...