5 / 11 / 2015

A nosa familia é extensa e entusiasta. Somos moitos irmáns, seis concretamente, e a maioría acudimos a leccións de solfeo e piano dende pequenos. Case todos con excepción de Xavi, que se librou do que para o resto era o máis parecido a unha tortura froito do empeño da miña nai por iniciarnos nunha pequena carreira musical. Xavi foi distinto, e chegou a súa vocación musical por camiños alternativos que o levaron a unha formación autodidacta, que máis adiante reglou cunha sede inmensa de aprendizaxe e altas doses de sensibilidade. Gustounos a todos como cantante de diferentes grupos, e encantounos nos seus primeiros traballos como compositor. Un día deixounos atónitos cando no medio dunha excursión compuxo unha “sardana” seguindo ritmos subxacentes na posición das ramas das árbores do campo. Pero a gran sorpresa chegou o día no que nos comunicou que abandonaba o seu posto de traballo no banco para adicarse por completo á composición. En adiante, o seu traballo sería poñer música ás imaxes. Pero todos sabíamos que el xa tiña conseguido moito máis que iso. Es xa lograra levantar partituras basadas en sensacións, atmósferas, e proxectos moi persoais. Poesía para os oídos e oídos para as emocións da alma.