Por cuarto mes consecutivo, o Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal, organizado pola Fundación Araguaney-Puente de Culturas de Santiago de Compostela, invita aos internautas a votar pola súa película favorita na súa páxina oficial www.festivalamal.es, sendo a favorita a que se proxecte na cita con “As Lúas de Amal” do luns 28 de Maio.

As Lúas de Amal son unha actividade mensual do Festival de cine compostelán Amal.Un festival adicado ao cine árabe actual. Cada último luns do mes e ata xuño, os espectadores teñen a posibilidade de volver ver as mellores películas do festival Amalgrazas ás súas votacións online.

O público deberá votar pola súa favorita na web do festival www.festivalamal.es ata omércores 23 de maio. A que obteña máis votos será a que se proxecte o luns 28 de maio no salón de actos do Hotel Eurostars Araguaney. As 3 opcións son:

• Longametraxe de Ficción. VALE, BASTA, ADEUS de Rania Attieh e Daniel García, 2011, Emiratos Árabes Unidos e Líbano, 93 min.

• Longametraxe Documental. ESTA É A MIÑA TERRA, HEBRÓN de GiuliaAmati e Stephen Natanson, 2010, Italia, 72 min.

• Curtametraxes. SABEEL de Khalid Mahmood, 2010, Emiratos Árabes Unidos,20 min. + SEN TÍTULO de Neil Beloufa, 2010, Francia, 15 min. + MUDO de Muayad Alauyan, 2011, Palestina, 20 min.