Este mércores 9 de maio no Cinebox de Ourense, continúa o Ciclo dos Imperdibles de maio con sesións ás 18:00, 20:30, e 23:00 horas, coa proxección de Shame, de Steve Moqueen.

SHAME (Reino Unido, 2011)

Dirección: Steve McQueen | Guión: Steve McQueen, Abi Morgan | Música: Harry Escott | Fotografía: Sean Bobbitt | Reparto: Michael Fassbender, Carey Mulligan, James Badge Dale, Nicole Beharie, Jake Richard Siciliano, Hannah Ware, Alex Manette, Chris Miskiewicz, Jay Ferraro, Anna Rose Hopkins, Eric Miller | Productora: Film4 / UK Film Council / See-Saw Films | Formato:35 mm (Aspecto: 2.35:1) | Xénero: Drama, erótico | Duración: 99 min. | V.O.S. (versión orixinal en inglés con subtítulos en castelán)

Premios:

2011: Festival de Venecia: Copa Volpi ao Mellor actor (Fassbender), Premio FIPRESCI

2011: Festival de Sevilla: Mellor director, mellor actor (Michael Fassbender) (ex-aequo)

Sipnose:

Brandon (Michael Fassbender) é un trintañeiro neoiorquino con serios problemas para controlar e gozar da súa vida sexual. Pasa o día mirando páxinas pornográficas e mantendo contactos con solteiras de Manhattan…

O ciclo, organizado xunto co OUFF, conta co apoio, da Federación de Cineclubes de Galicia, da Axencia galega de industrias culturais da Xunta de Galicia (AGADIC), e da Concellaría de cultura do Concello de Ourense.