O prazo de inscrición xa está aberto e remata o 15 de setembro. Xa está aberta a convocatoria para participar na sección competitiva do Certamen Audiovisual de carácter internacional que organiza o Liceo de Vilagarcía e que se celebrará do 6 ao 9 de novembro.

Este veterano festival de curtametraxes é referencia en todo o estado por ser un dos pioneiros –leva organizándose ininterrompidamente desde hai 36 anos!!- en servir de plataforma de promoción dos traballos cinematográficos de corta duración.

O Certamen asenta unha parte importante da súa programación na sección de competición á que concorren traballos de todos os xéneros que demostran a pluralidade de linguaxes, a independencia creativa e o espírito de experimentación. Na sección de competición participan produccións realizadas en todo o mundo e que se exhiben durante os días do festival.

O festival recoñecerá a calidade das curtametraxes premiadas cun total de 8 galardóns e máis de 15.000 euros en premios.