A película galega Pradolongo, do director Ignacio Vilar e producida por Vía Láctea Filmes, foi seleccionada para participar na 56ª edición do Festival Internacional de Cine de San Sebastián, que terá lugar na cidade vasca entre os días 18 e 27 do próximo mes de setembro.
A Sección na que participará o filme, o máis visto en toda a historia do audiovisual galego con 45.000 espectadores en salas, é Made in Spain. Por esta categoría pasarán as cintas máis interesantes do cinema español do presente ano, polo que a selección de Pradolongo enche de satisfacción ao seu director. A sección está dirixida principalmente á crítica internacional e aos compradores e vendedores que acudan á oficina de ventas do Festival, polo que a inclusión da obra galega é unha gran oportunidade para dar a coñecer a película máis allá das nosas fronteiras.

Vilar está inmerso na campaña de promoción do filme, que da man da produtora Mr. Misto Films está percorrendo Galicia nun circuito de pases ao aire libre que está colleitando un gran éxito de público. O cineasta tiña previsto presentar o seu traballo en salas de toda España no mes de outubro, polo que a súa selección no prestixioso festival donostiarra abre unha importante porta de cara á proxección exterior da película.

Pradolongo está protagonizada por tres novas promesas do cinema galego, Rubén Riós, Tamara Canosa y Roberto Porto, a los que acompañan intérpretes ya veteranos como Mela Casal, Gonzalo Rei Chao o Antonio Mourelos. A rodaxe de la película, realizada integramente en lingua galega na comarca ourensana de Valdeorras, correu a cargo dunha equipa técnica e artística de orixe galega na súa práctica totalidade.

Para máis información sobre a película, poden consultarse as páxinas www.pradolongo.net ou www.meupradolongo.com. Para saber máis sobre Mr. Misto Films, pode visitarse a páxina www.mrmisto.com.