As sete Academias presentes no encontro aglutinan a máis de 2200 profesionais do sector audiovisual.

Por parte da Academia Galega do Audiovisual asistiron Sonia Méndez, membro da xunta directiva, e Miguel Mariño, director da institución.

Sete Academias da Península Ibérica -a Academia del Cine Aragonés, a Asociación de Escritoras y Escritores Cinematográficos de Andalucía (ASECAN), a Acadèmia de Cinema Català, a Academia del Cine Asturiano, a Academia Galega do Audiovisual e a Academia Portuguesa de Cinema– asistiron ao encontro organizado pola Acadèmia Valenciana de l’Audiovisual durante os días 29 de febreiro e 1 de marzo. Sonia Méndez, membro da xunta directiva, e Miguel Mariño, director, asistiron en representación da Academia Galega do Audiovisual.

As entidades presentes no Encontro, reúnen a máis de 2.200 profesionais do sector defenderon a aportación creativa xurdida desde os distintos territorios, precisa, non só para a saúde dos sectores e da diversidade cultural que representan, senon tamén para o conxunto da produción do resto da península.

As distintas Academias celebrarán un ciclo de películas gañadoras dos premios convocados polas diferentes entidades, coa fin de promocionar en múltiples territorios as películas gañadoras do resto de Academias. Tamén se acordou solicitar conxuntamente ao ICAA que, na Orde pola que se establecen as bases reguladoras das axudas estatais para a produción de longametraxes e de curtametraxes, no seu Anexo III, punto 3, denominado “Valoración de festivales, premios y honores”, se puntúen os premios e honores concedidos polas Academias de Cine dos distintos territorios do Estado.

O primeiro encontro entre Academias da Península celebrouse por iniciativa da Academia Galega do Audiovisual en A Coruña en 2017. Desois desta exitosa terceira convocatoria, todas as Academias acordaron convocar o IV Encontro en 2021, coa organización a cargo da Acadèmia del Cinema Català.

Fotografía: Tato Baeza