XORNADAS RÁFAGAS DE FOTOPERIODISMO, EN A CORUÑA

19 / 10 / 2012

O vindeiro mércores 24 de outubro comenzan as actividades de Ráfagas no Centro Ágora de A Coruña. 

A exposición Sarajevo, Guerra y Paz de Gervasio Sánchez será o fío conductor do programa que converterá o Centro Ágora nun espazo de reflexión e debate en torno aos conflictos e a educación para a paz no ano do 20 aniversario do comezo do asedio de Saraxevo.

Ráfagas divídese en cinco bloques:

      Exposición de Gervasio Sánchez. Sarajevo, guerra e paz. Do 25 de outubro de 2012 ao 6 de xaneiro de 2013

      Ráfagas de fotoperiodismo. 24-27 de outubro de 2012

      Conflictos, periodismo e arte: cuestións éticas. 29 e 30 de novembro de 2012

      Ráfagas de educación para a paz. A educación, unha vacina contra a guerra. 3 e 4 de decembro de 2012 (en colaboración coa Facultade de Ciencias da Educación da UDC)

      11.541 Rememorando Sarajevo. Arte para a reflexión 

Xa está aberto o prazo de inscrición para participar nas Xornadas Ráfagas de Fotoperiodismo que contarán coa presenza de Jane Evelyn Atwood, John G. Morris, Christian Caujolle, José Cendón, Chema Conesa, Pepe Baeza, Alfonso Armada, Gervasio Sánchez, Sergio Caro, David Beriain… e moitos máis poñentes que debaterán sobre fotoperiodismo. Haberá proxeccións, master class, mesas redondas, obradoiros.  

Para más información e inscricións www.rafagas.org e www.centroagora.es

Categoría: Novas
Etiquetas: