O vindeiro 29 de outubro ás 12:00 h, o MPXA (Máster en Producción e Xestión Audiovisual) e o Consorcio Audiovisual de Galicia organizan unha xornada no Paraninfo da Universidade da Coruña na que se analizará a situación do audiovisual español no contexto internacional.
Estarán presentes nesta xornada Geraldine Gonard, Directora Comercial de Imagina International Sales, empresa líder na comercialización e distribución internacional de contidos e, responsable da venta de productos audiovisuais a máis de 80 países, consolidando líneas de distribución en Europa, América Latina e Norte América. Miguel Ángel Muñoz, protagonista de series como “Un paso adelante” ou “El síndrome de Ulises” que acaba de chegar de Cannes onde estivo promocionando estes traballos.

Este actor aportará a visión do papel que poden desenvolver os actores na promoción de contidos audiovisuais. Rafael Cabrera, Director de Marketing Internacional do Grupo Filmax, empresa cunha grande traxectoria na creación, producción e distribución de películas como “Pérez, el ratoncito de tus sueños”,”Darkness” ou “Rec”, entre outros.

Juan Miguel Márquez, responsable de industrias culturais de ICEX (Instituto Español de Comercio Exterior), organismo que respalda a internacionalización das industrias culturais con plans e estratexias de apoio a estes sectores, que inclúe o audiovisual. Fernando Salgado, Secretario Xeral de Comunicación da Xunta de Galicia. Manuel Cristobal, axente de ventas internacionais e accionista de 6Sales, así coma outros asistentes que están pendentes de confirmar a sús presencia.

No transcurso desta xornada presentarase o Curso de Comercialización Internacional de Contidos Audiovisuais, CICA, cuio obxectivo é formar a profesionais no desenvolvemento de proxectos audiovisuais e na comercialización e distribución dos mesmos.