Xa se coñecen os ganadores do XIII Certame de Mozos Creadores 2012, que organiza a Concellaría de Mocidade do Concello de Salamanca, nas súas distintas categorías. Na de obras de videoarte e curtas venceu Xacio Baño, con Anacos.

Concorreron ás 10 categorías do XIII Certame de Mozos Creadores 2012 da Concellaría de Mocidade do Concello de Salamanca preto de 400 traballos de mozos de entre 14 e 30 anos. Á modalidade de videoarte e curtas remitíronse 64 obras. Entre todas elas, o xurado outorgou o primeiro premio, dotado con 1.200 euros, a Anacos, de Xacio Baño. Pola súa banda, o segundo premio, dotado con 700 euros, foi para Nights, de Juan Ignacio Ballesteros.

Ademais, concedéronse tres terceiros premios, de 290 euros cada un, á aposta de Pascal, de David Galán, Oxygen in the Garden, de Jesús Javier Negral, e Rara Avis, de Javier Díez Martín, debido a que nos apartados de escultura e poesía devanditos galardóns quedaron desertos. En decembro e parte do mes de xaneiro, o Espazo Novo de Salamanca acollerá unha exposición que incluirá as obras ganadoras e outras escolleitas para a mostra.