OURENSE ACOLLE O II CICLO DE CINE E VIDA, ORGANIZADO POLO BISPADO

28 / 11 / 2012

Do 28 de novembro de 2012 ao 24 de abril de 2013 vaise a celebrar o II Ciclo de Cine e Vida, organizado pola Vicaría para a Nova Evanxelización do Bispado de Ourense. Constará de seis proxeccións, que se levarán a cabo os últimos mércores de mes. Cada unha dedicarase a un colectivo concreto.

O ciclo comezará hoxe, 28 de novembro, co pase de Visión, de Margarethe Von Trotta. Seguiranlle Maktub, de Paco Arango (o 26 de decembro), Nun mundo mellor, de Susanne Bier (o 30 de xaneiro), Arrugas, de Ignacio Ferreras (o 27 de febreiro), Popieluszko, de Rafal Wieczynski (o 20 de marzo), e o documental Erase unha fe, de Pierre Barnéiras (o 24 de abril). As sesións comezarán ás 20:00 horas no Centro Cultural da Deputación de Ourense

 

Categoría: Novas
Etiquetas: